15.2 C
Santa Comba
lunes, diciembre 11, 2023

Unha maneira de dicir grazas e desexarche un ventureiro 2018

 Xosé Manuel Lema //

Remátase un ano máis. Arrincamos unha folla do noso libro vital e comezamos a escribir outro capítulo. Atafegados polo ritmo rápido do tren dos días. Pero se algo especial ten este día é que para moitos supón un pequeno punto de inflexión. 

Reflexionamos. Valoramos. Planificamos e establecemos novos retos.Transmitimos e recibimos boas vibracións. Mostras de afecto que nos axudan como o bastón ao peregrino. Entre burbullas de cordialidade e uvas de afecto brindamos por un novo ano.

 E en nome deste diario dixital tamén quero brindar contigo. Porque se me estás lendo, moi probablemente sexas da gran familia de Adiante Galicia (en caso contrario aínda estás a tempo de unirte). Se es un deses milleiros de persoas que entran no noso diario cada día, grazas infinitas polo teu apoio. 

Con cada páxina lida, con cada noticia compartida nas redes sociais, estás axudándonos a crecer con seguridade e orgullo.Se formas parte do noso equipo de redactores e colaboradores, xa comprendes o importante que son as túas informacións e a eterna débeda que temos contraída contigo. Se es do grupo dos anunciantes, tamén grazas polo teu apoio. Estás a promocionar o teu produto, pero tamén colaborando cun proxecto plural, honesto e galego. 

Como director de Adiante Galicia, quero brindar contigo, convosco, por un ano onde polo menos se cumpran unha parte importante dos vosos soños. Un ano cheo de paz, amor e saúde.Nós estamos dispostos a seguir informando e crecendo como medio de comunicación. Queremos facelo ao teu lado. 

Adiante, tarefa escura pero adiante.  Feliz 2018!

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos