12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Temporal Ana en Galicia

Luns 10:00 última actualización

Fonte Axega 112

O CIAE rexistrou máis de 300 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso esta madrugada

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia atendeu un total de 307 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso entre as dez da noite e as oito desta mañá. A maior parte dos incidentes foron provocados pola caída de árbores e pólas que en ningún causo deixaron persoas feridas.

O maior número de intervencións dos servizos de emerxencias estiveron, pois, relacionadas coa retirada de obstáculos que entorpecía a circulación, que, no maior parte das veces, foron árbores ou pólas, pero tamén a caída de cables.

A provincia da Coruña foi, durante esta madrugada, a que concentrou o maior número de incidencias relacionadas coa meteoroloxía (109), seguida de Pontevedra (74), Ourense (69) e Lugo (55).

Os concellos que rexistraron máis incidentes foron Culleredo, Oleiros, Vilalba, Lugo, Pereiro de Aguiar, Verín, Salvaterra de Miño, Sanxenxo e Boiro. 

23,06-

El temporal Ana ha dejado múltiples incidencias en toda Galicia, con 20.000 gallegos sin luz según informó Gas Natural Fenosa. También se ha dejado notar en distintas instalaciones como en la piscina del Sar(Santiago) en donde se ha llevado por delante la cubierta de lona. Para este lunes se mantiene la alerta naranja en la costa.

22:39-

483 incidencias ata as 20:00h 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia leva xestionadas dende as 8,00 horas ata agora un total de 483 relacionadas coa borrasca de vento e choiva que esta afectando á nosa comunidade. A previsión é que a borrasca amaine ao longo da noite e polo tanto mañá mantéñense as clases.

Segundo o informe actualizado ás 20,00 h, as incidencias máis repetidas dende o comezo do temporal teñen que ver coa caída de árbores e pólas nas estradas, bolsas de auga nas estradas, anegamentos en rúas e vivendas e cables de luz nas estradas. 

Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi Pontevedra con 246, seguida da Coruña con 143, Lugo con 57 e Ourense con 37. 
Nas últimas hora os concellos máis afectados son na provincia de Pontevedra, A Estrada, Vigo, Mos, Pontevedra e Lalín. Na provincia da Coruña, presentan máis incidencias os concellos de Santa Comba, Boqueixón, Carballo e Outes. Na provincia de Lugo, presentan incidencias os concellos de Chantada e Antas de Ulla, e A Rúa e Verín, na provincia de Ourense.  

As incidencias mais destacadas son a caída dunha galería dun edificio enriba de coches, na Avenida de Fisterra, en Arteixo. Na Coruña, a caída do alumeado de Nadal na Avenida de Hércules afectou a unha tubaria do gas. 

Nas estradas galegas, rexistrase unha incidencia na AC-14 p.q. 6 dirección Coruña, pola caída dunha árbore, cun accidente con varios coches implicados sen feridos, estando un carril da estrada operativo.

21:00h

Accidente en la AC-14 en A Coruña en la entrada del túnel de A Zapateira, por la caída de un árbol. Varios coches implicados sin heridos. Tuvo lugar sobre las 20,00h y hubo un carril de circulación habilitado.

20:10h-

El #TemporalAna ha provocado el desvío de vuelos a los aeopuertos de Santiago o Vigo. También ha tirado con las vallas de protección de San Agustín en A Coruña.En Santa Comba ha tirado con un muro y varios árboles. En Coristanco los operarios municipales tratan de evitar que la depuradora de O Carrizal se atasque y afecte al suministro. Por el momento lo están consiguiendo.

20:00h- Boletín informativo Axega 112

O CIAE leva rexistradas 261 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso

Un total de 261 incidencias son as rexistradas no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), durante o período comprendido entre as 08:00 horas e as 17:00 horas deste día. Todas elas, relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso de nivel vermello/laranxa por vento e choiva e o de  nivel laranxa costeiro que dende primeiras horas, afecta á nosa comunidade.

Por provincias, a de Pontevedra é que está a rexistrar maior número de incidencias con un total de 144, A Coruña con 72 incidentes, Lugo con 27 e por último a de Ourense con un total de 18 incidencias rexistradas. En canto aos Concellos, na provincia de Pontevedra, o de Vigo foi un dos mais afectados con un total de 23 incidencias, tamén o de Soutomaior con un total de 7. Na provincia da Coruña, o de Santiago de Compostela foi un dos Concellos con mais incidentes rexistrados, un total de 7, 4 as xestionadas no de Boiro, Muros e Bergondo entre outros. O Concello de Lugo con 6, o de Navia de Suarna con 4 son os mais afectados da provincia de Lugo. E por último, na provincia de Ourense o de Ribadavia con 7 incidentes xestionados e, entre outros, o de Viana de Bolo con dous incidentes.

Aínda que, no CIAE non constan incidencias nas que houbese que lamentar danos persoais, a caída de árbores e pólas en estradas, vivendas anegadas, incidentes de prevención de risco, bolsas de auga en estradas son as que mais se repetiron durante este período de tempo.

Cabe destacar, no termo municipal pontevedrés das Neves, a caída á rúa de tellas e parte dun tellado dunha casa deshabitada. En Chantada (Lugo), derrubouse unha casa habitada, por fortuna, ningún dos habitantes resultou ferido. Tamén, un tellado dunha casa caía esta tarde por mor do vento en Fene (A Coruña), no lugar das Tellerías. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicou que na casa viven dúas persoas pero, ningunha delas, resultou ferida. En Pontevedra, unha árbore caía este mediodía sobre un turismo que circulaba pola PO-10 causando, unicamente, danos materiais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos