12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Animan a consumir nas festas do Nadal produtos etiquetados na lingua propia de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá no Pazo de San Roque o vídeo ‘Nadal + Galego’, creado polo Foro Enrique Peinador coa colaboración da Xunta de Galicia para animar a cidadanía a consumir produtos etiquetados na nosa lingua nas próximas festas.

Valentín García incidiu na disposición do seu departamento a “apoiar aquelas empresas que apostan pola lingua galega como garantía de calidade e de proximidade dos seus produtos, convencidas de que o noso idioma vende” e animou a cidadanía a facer o mesmo aplicando o criterio de “preferir aquilo que estea etiquetado no noso idioma”. O secretario xeral mostrouse seguro de que, con esta escolla, “o consumidor non se verá defraudado, porque levará á súa mesa de Nadal o mellor produto de Galicia”.

Na presentación deste vídeo publicitario, Valentín García estivo acompañado por Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador e os empresarios Patricia Sánchez Lorenzo, de Leite Noso, e Lito Andión, de Hoxe Sociedade Cooperativa Galega.

 

Consumo en galego

O Foro Enrique Peinador, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inicia con este vídeo unha nova campaña publicitaria que busca difundir a súa mensaxe de galeguidade no consumo. Deste xeito, anima a todos os galegos a aproveitar estas festas para apoiaren as marcas que etiquetan os seus produtos en galego, con coherencia e autenticidade. O vídeo pode verse no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal

O Foro Enrique Peinador, integrado no grupo de asociacións Galeguizar Galicia, é unha institución que busca fomentar a normalización e o uso do galego no mundo da empresa e da economía, tanto no traballo e na comunicación internos, como no contido dos produtos e na súa promoción e etiquetaxe.

Plan de dinamización no tecido económico

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove ou colabora en diversas iniciativas que, coma esta campaña de Nadal, incentivan e visibilizan o uso do galego no tecido empresarial. As súas accións neste eido enmárcanse no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020, que lles dá coherencia e intensifica, deste xeito, a súa eficacia.

Os obxectivos desta iniciativa, emanado do Plan xeral de dinamización da lingua galega, son crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; estender o uso da lingua galega no ámbito económico, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos, e mais utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado. 

Fonte- Nota de prensa Consellería de Educación

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos