18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Mercedes Rosón propón un reencontro coas ideas, cos compañeiros e cos cidadáns

Mercedes Rosón: “A diferencia da miña candidatura é precisamente a dedicación. Eu vou dirixirme en exclusiva a traballar coas agrupacións da provincia, e iso o outro candidato non o pode facer.Ten moitas obrigas”

Mercedes Rosón botou a andar a súa campaña para loitar pola secretaría xeral dos socialistas na provincia coruñesa. Apoiada por tres dos precandidatos que eran inicialmente adversarios, Julio Iglesias,Diego Taibo e Fermín Vázquez, a candidata manifestou que o seu proxecto “constrúese sobre tres reencontros:reencontro coas ideas, reencontro cos compañeiros, e reencontro cos cidadáns.

Baixo o lema “Coa mirada na militancia”, aposta por unha entrega total ao cargo e por  “outra forma de facer política, dende a suma de compañeiros, dende a suma de ideas, dende a suma de vontades”.

“Nos próximos días imos percorrer todos os recantos da provincia, con máis de 25 actos” indicou Rosón, explicando que “como di o lema da nosa campaña, esta candidatura quere incorporar unha nova mirada que permita solucionar os problemas do PSdeG da provincia da Coruña. Unha mirada que naza da militancia, que recupere as ideas e os valores que fixeron grande este partido. Que recupere a ilusión dos militantes, e que recupere a conexión coa cidadanía”.

De acceder á secretaría xeral comprométese a nos catro primeiros meses, todas as agrupacións da provincia para “ter un encontro coa dirección e coa militancia de cada agrupación”.

“A diferencia da miña candidatura é precisamente a dedicación. Eu vou dirixirme en exclusiva a traballar coas agrupacións da provincia, e iso o outro candidato non o pode facer.Ten moitas obrigas” dixo Mercedes Rosón, que insistiu no reparto do traballo e das funcións:Esa é nosa diferencia, pero esa é unha diferencia de principio: si neste partido cremos na acumulación de cargos, ou, como a nosa candidatura, na distribución do poder e do traballo, é dicir, un militante, un cargo. A acumulación de cargos, segundo explicou Rosón, é doutros tempos e doutros partidos, pero non do noso”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos