18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

A Xunta premia a vinte explotacións galegas polas súas condicións hixiénico-sanitarias

A Xunta premia a vinte explotacións galegas polas súas condicións hixiénico-sanitarias

A conselleira Ánxeles Vázquez entregou os premios no Pazo de Cores, no concello da Baña.

A consellería do Medio Rural botou a andar os premios Exceleite para recoñecer o traballo das explotación gandeiras galegas no ámbito hixiénico-sanitario.En colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), seleccionáronse 50 explotacións das 5.000 granxas galegas inscritas no Rexistros de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi). E finalmente 20 foron as que recibiron os dous premios que había en cada categoría.

Para a conselleira Ánxeles Vázquez estes premios son “un recoñecemento ao bo facer dos nosos gandeiros, que se erguen todos os días coa firme convicción da procura da excelencia na produción do seu leite”. Vázquez pensa que “son un exemplo a seguir, para darnos conta de que desde o noso agro podemos xerar produtos non só de calidade, senón tamén dunhas características organolépticas inigualables”.

A entrega de premios desenvolveuse no Pazo de Cores, do concello da Baña. No mesmo acto a conselleira do Medio Rural aproveitou para manifestar que o prezo do leite estaba nunha media dun 31,1 cts e que Galicia estaba a consolidarse como líder nacional producindo preto do 40% do total español, concentrando o 56% dos gandeiros do Estado e xerando uns 1.000 millóns de euros anuais en volume de negocio.

Relación das explotacións que recibiron o primeiro premio e a categoría respectiva.

SAT Casa Menor(Boimorto)- Grande – Extensivo

Ganadería Casa Landeira de Oa (Trazo)- Grande-Semiextensivo

Ganadería Novoa(Frades)-Grande-Intensivo

Ángel Rivas Lamas(Friol)-Mediano-Extensivo

Carmen Iglesias Veiras(Ordes)-Mediano-Semiextensivo

José Manuel Vidal(Aranga)- Mediano-Intensivo

Benito Mouriño(Silleda)-Pequeno-Extensivo

Elena Recarey García(Santa Comba)- Pequeño-Semiextensivo

Concepción Fernández Moure(Chantada)-Pequeño Intensivo

Ángel Rivas(Friol)- ecolóxico

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos