20.8 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Comeza o ciclo de Gonzalo Caballero a fronte do socialismo galego

O novo secretario xeral quere comeza a traballar para o cambio político cunha coalición social de progreso.

O XIII Congreso do PSdeG serviu para abrir un novo ciclo dentro do socialismo galego, liderado por Gonzalo Caballero, que insistiu na idea de mobilizar á militancia para facer posible o cambio:”Se os dez mil socialistas galegos nos convertemos nun exército do cambio para Galicia, as nosas ideas e os nosos proxectos estarán en condicións de darlle un cambio político ao país e retirar ó goberno da dereita da Xunta de Galicia”.

Caballero quere que o PSdeG colla máis músculo nas rúas de Galicia e lidere “unha coalición social de progreso, co activismo social, os sindicatos, os movementos agrarios, e as ongs”. Convidou aos cadros socialistas a comezar a traballar nas eleccións municipais.En relación coa situación de Cataluña o novo secretario xeral dos socialistas deixou ben claro que o partido está aliñado co internacionalismo e co galeguismo: “Non somos independentistas nin nacionalistas, os socialistas creemos no imperio da lei e no diálogo”.

Estivo arroupado no acto de clausura polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, que tivo palabras de apoio para o novo secretario xeral pola súa “rotunda y trabajada victoria” e para o conxunto da militancia lembrando que o PSdeG foi o primeiro partido do PSOE “que reivindicou las primarias para la elección de su secretario general”.

A nova executiva do PSdeG, que foi aprobada polo 71% dos delegados, está formada por 49 persoas. Xunto ao novo secretario xeral, Gonzalo Caballero, foi elixido presidente Xoaquín Fernández Leiceaga. Hai tres vicesecretarías xerais.A de Política, liderada por Pablo Arangüena, que tamén será portavoz. A de Sustentabilidade, por Marta Freire Riobo, e a de Igualdade por Icía García Fernández.

José Antonio Quiroga(secretaría de Organización), Martín Seco(Acción Electoral), e Iván Puentes(Política Municipal), son os homes fortes do novo equipo de Caballero.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos