8.8 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

En Marea, PSdeG e BNG critican a xestión da Xunta na vaga de lumes

Critican a falta de medios, o apagón informativo da CRTVG e demandan un novo modelo forestal. Pablo Iglesias visitou Galicia.

Os tres grupos da oposición coincidiron nas críticas ao goberno da Xunta na comparecencia da conselleira Ánxeles Vázquez no Parlamento de Galicia. Todos os grupos(tamén o PP) tiveron recordo para as vítimas e para os traballadores e veciños que loitan contra os incendios.

 

Ana Pontón:”“Señora conselleira, en moitos sitios non había medios”

A portavoz do BNG ten claro que fai falta un cambio de modelo e que se necesita “un goberno que se tome en serio o que está pasando no medio rural” despois de trinta anos “coas mesmas políticas”, co desmantelamento “das políticas de protección”, e sen ter en conta os efectos do cambio climático.

“Señora conselleira, en moitos sitios non había medios” denunciou Ana Pontón que aínda que recoñeceu que as condicións meteorolóxicas eran extremas “era previsible e había un risco de que podía pasar”.

Preguntouse polo despedimento de persoal, “polo apagón informativo deste domingo” nos medios públicos e denunciou a masificación da plantación de eucaliptos no país.“Catro persoas mortas, 55 lumes activos, un fin de semana negro, miles de persoas desaloxadas, moitas persoas que o perderon todo e vostede ben aquí a dicirme que pasee polo rural” engadiu Pontón.

Quiroga:”Houbo descontrol, improvisación e deixación de funcións”

O socialista José Antonio Quiroga denunciou “o descontrol, a improvisación, a deixación de funcións e un nivel de incompetencia descomunal” por parte da Xunta e afirmou que “as condicións meteorolóxicas estaban anunciadas moitísimo antes de que rematara o mes de setembro”.

Definiu como “auténtica vergoña” o que tamén denominou como un “apagón informativo” e incidiu en que “prescindiuse de medios”. Para os socialistas “é o momento dun cambio de modelo, de autocrítica, dun plano forestal novo, de reestruturar o dispositivo de extinción incrementando a presenza pública”.

Villares:”Na longa noite de lume afundía a Xunta e emerxía a xente” 

O portavoz de En Marea, Luis Villares dirixiuse na súa intervención ao escano baleiro de Alberto Núñez Feijóo ao que cualificou de “cobarde” e de ser un presidente ausente.”Na longa noite de lume afundía a Xunta e emerxía a xente” dixo Villares que tamén incidu na “manipulación informativa” dos medios públicos.

Tamén asegurou que non se mobilizaron todos os medios posibles:”Ningún dos parques comarcais de Lugo e Coruña estaban mobilizados. Había medios parados porque non había persoal para atendelos”.

Para Villares a mobilización veciñal deixou ben claro “que para defender ao país non necesitan a vostedes”. Pensa que “os lumes so rematarán cando haxa un rural vivo” e criticou a presenza do eucalipto  e a redución de distancias efectuada polo PP cando chegou ao goberno. 

Pablo Iglesias visitou Vigo

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, visitou este martes Galicia acompañado pola secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos Queiruga e polo deputado estatal, Rafa Mayoral,entre outros. Visitou varias zonas afectadas polo lume e reuniuse cos veciños de Navia, en Vigo.

Destacou que “o pobo de Galicia sempre da a cara ante calquera adversidade”.Pablo Iglesias criticou a precariedade dos bombeiros e dos brigadistas e demandou máis investimento en prevención.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos