A conselleira afirma que non houbo falta de medios e aclara que “é rotundamente falso que se poidan recalificar terreos despois de ser queimados”.
A conselleria do Medio Rural compareceu a petición propia no Parlamento de Galicia para informar sobre a vaga de lumes rexistrada en Galicia:”Estamos a falar de terrorismo incendiario.0 100% dos incendios desta fin de semana foron intencionados» afirmou Ánxeles Vázquez, consciente de que “Galicia non arde, a Galicia plántanlle lume” mediante incendios intencionados que son “atentados contra o rural”.En xeral, Vázquez sostivo que “o 75% son intencionados”.
“O 64% dos lumes quedaron en conatos gracias a labor de todo o operativo”
Para a conselleira esta mobilización queda confirmada cun dato:”o 64% dos lumes quedaron en conatos gracias a labor de todo o operativo”.Na súa comparecencia negou a falta de medios, con 5.600 efectivos durante toda a fin de semana conformando “o maior operativo que nunca se tivo nesta época do ano” e cun obxectivo claro:”A nosa prioridade foi protexer os núcleos de poboación e a propia vida dos veciños”.
Ánxeles Vázquez falou da falta de auga e “dunhas temperaturas sen precedentes”e do furacán Ofelia. Pediu unidade para loitar contra os lumes e reflexionou sobre a dificultade de “conter a eses incendiarios que o fan en varios puntos á vez. Non estamos preparados para cortar as mans esas persoas que se dedican a facer moito dano”.
“Non houbo diferencia entre carballeiras e eucaliptais”
“En Galicia non hai ningún mal endémico que nos faga ir contra a nosa terra. Temos un monte, un pobo que arde porque lle plantan lume. Levou por diante as mellores carballeiras, leva por diante o que se lle poña” manifestou a conselleira que ante as críticas da oposición pola presenza de eucalipto indicou que “non houbo diferencia entre carballeiras e eucaliptais”.
Sobre o novo plano forestal dixo que “vai a ser o que queira a sociedade galega”. Negou que houbera amortización de prazas de axentes forestais.
Vázquez quixo deixar claro que “é rotundamente falso que se poidan recalificar terreos despois de ser queimados. Establécese a prohibición de facelo durante 30 anos”. A conselleira considera que se fixo todo “o humanamente posible” e falou de circunstancias inauditas como o lumes saltando o río Miño, que alentaron a actividade “homicida”.