7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Ánxeles Vázquez:”Estamos a falar de terrorismo incendiario”

A conselleira afirma que non houbo falta de medios e aclara que “é rotundamente falso que se poidan recalificar terreos despois de ser queimados”.

A conselleria do Medio Rural compareceu a petición propia no Parlamento de Galicia para informar sobre a vaga de lumes rexistrada en Galicia:”Estamos a falar de terrorismo incendiario.0 100% dos incendios desta fin de semana foron intencionados» afirmou Ánxeles Vázquez, consciente de que “Galicia non arde, a Galicia plántanlle lume” mediante  incendios intencionados que son “atentados contra o rural”.En xeral, Vázquez sostivo que “o 75% son intencionados”.

“O 64% dos lumes quedaron en conatos gracias a labor de todo o operativo”

Para a conselleira esta mobilización queda confirmada cun dato:”o 64% dos lumes quedaron en conatos gracias a labor de todo o operativo”.Na súa comparecencia negou a falta de medios, con 5.600 efectivos durante toda a fin de semana conformando “o maior operativo que nunca se tivo nesta época do ano” e cun obxectivo claro:”A nosa prioridade foi protexer os núcleos de poboación e a propia vida dos veciños”.

Ánxeles Vázquez falou da falta de auga e “dunhas temperaturas sen precedentes”e do furacán Ofelia. Pediu unidade para loitar contra os lumes  e reflexionou sobre a dificultade de “conter a eses incendiarios que o fan en varios puntos á vez. Non estamos preparados para cortar as mans esas persoas que se dedican a facer moito dano”.

“Non houbo diferencia entre carballeiras e eucaliptais”

“En Galicia non hai ningún mal endémico que nos faga ir contra a nosa terra. Temos un monte, un pobo que arde porque lle plantan lume. Levou por diante as mellores carballeiras, leva por diante o que se lle poña” manifestou a conselleira que ante as críticas da oposición pola presenza de eucalipto indicou que “non houbo diferencia entre carballeiras e eucaliptais”.

Sobre o novo plano forestal dixo que “vai a ser o que queira a sociedade galega”. Negou que houbera amortización de prazas de axentes forestais.

Vázquez quixo deixar claro que “é rotundamente falso que se poidan recalificar terreos despois de ser queimados. Establécese a prohibición de facelo durante 30 anos”. A conselleira considera que se fixo todo “o humanamente posible” e falou de circunstancias inauditas como o lumes saltando o río Miño, que alentaron a actividade “homicida”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos