Comparecencia Incendios// A Ana Pontón:”Vostede non sabe se hai terroristas incendiarios, o señor Quintana sabíao”
O portavoz de Incendios do Partido Popular, José Silvestre Balseiros, defendeu a actuación da Xunta de Galicia durante a vaga de lumes rexistrada esta fin de semana a agradeceu a información ofrecida pola conselleira Ángeles Vázquez, recriminando a postura dos grupos da oposición:”Pensei que anteporían os intereses de Galicia aos réditos electorais.Pensei que ían a arrimar o ombreiro para buscar solucións porque os galegos queren acordos e non politiqueo barato”.
Balseiros Guinarte tamén asegurou que na oposición ”estaban preparando as manifestacións mentres nós estabamos ao lado dos afectados” e que facían crítica co único obxectivo de “desestabilizar”.
Utilización maquiavélica dos incendios forestais
O portavoz de incendios asegurou que a resposta do operativo estaba sendo “altamente eficaz” pero referiuse a importante actividade de “terrorismo incendiario” que se viu reforzada pola ausencia de precipitacións, as temperaturas inusuais, a baixa humidade e os “ventos secos impulsados polo furacán Ofelia”.
Balseiros dixo que os representantes da Xunta e os deputados do Partido Popular estiveran a carón dos afectos mentres houbo “determinados persoeiros que non pasaron ningún perigo nin axudaron”.
A súa intervención foi interrompida por deputados da oposición que expresaban así o seu malestar polas críticas deste deputado que dixo:”Eu non lle chamei corrupto a ninguén nin asasino de mulleres”.Tamén se dirixiu á portavoz do BNG, Ana Pontón:”Vostede non sabe se hai terroristas incendiarios, o señor Quintana sabíao”.Acusou aos grupos da oposición de facer unha utilización maquiavélica dos incendios.