7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Piden a dimisión de Ángeles Vázquez e unha nova política forestal

Acusan á conselleira de «irresponsabilidade, incompetencia manifesta e agochamento da realidade». Aseguran que «rematar cos incendios é posible».

Vigo

O Comité en Defensa do Monte Galego organizou este luns concentracións urxentes en 35 puntos distintos. Entre elas as principais cidades e vilas galegas pero tamén con actos en Madrid, Barcelona, Xirona, Ponferrada, Brescia, Bruxelas ou Lisboa.

O manifesto lido nestas concentracións vertía críticas contra o goberno da Xunta de Galicia «pola ausencia de reacción e a ocultación manifesta da realidade mediante mentiras e enganos» e pola deixadez do goberno de Feijóo xa que consideran que moitos dos incendios calcinaron estas zonas «por falta de medios tanto materiais como humanos». Desde o comité expresaron a súa solidariedade coas vítimas e persoas afectadas pola vaga de lumes e valoraron o traballo das brigadas forestais e de moitos veciños.

Santiago de Compostela

Demandan distintas medidas

A través destes foros improvisados demandaron a modificación do consello forestal galego, un plan estratéxico de xestión do monte galego consensuado, dotar de máis medios técnicos á Fiscalía contra incendios, transparencia e rapidez no acceso a información sobre incendios ou que os equipos de extinción estean baixo un mando único e dependan da Consellería do Medio Rural. Tamén propoñen a ordenación dos cultivos agrarios e forestais,  a restauración das zonas afectadas polos incendios e demandan que a Xunta abra cables de diálogo e participación para consensuar unha política forestal co resto dos partidos políticos.

A Coruña

Desde o Comité en Defensa do Monte Galego esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e do responsable de Montes, Tomás Fernández Couto pola súa «irresponsabilidade , incompetencia manifesta e agochamento da realidade».Remataron o manifesto cunha mensaxe de esperanza de que «rematar cos incendios é posible».Nas distintas concentracións tamén se escoitaron peticións de dimisión dirixidas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ou denuncia contra a cobertura informativa da Televisión de Galicia e da Radio Galega.

Ourense

Estas concentracións contaron co apoio de distintas organizacións como o BNG, En Marea, Compostela Aberta, Esquerda Unida, Marea Atlántica, Podemos, ADEGA, etc..

Carballo

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos