4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Negra sombra sobre Galicia

Actualizando–

Catro persoas mortas, milleiros de hectáreas arrasadas a lumes que aínda continúan preto das casas, coas columnas de fume que dificultan as tarefas de extinción.Despois dunha fin de semana catastrófica o luns segue a ser un combate contra o lume con distintos puntos de Galicia xa cubertos pola cinza e a traxedia.

BOLETÍNS INFORMATIVOS

20,50-

Concentracións en distintos puntos de Galicia convocadas pola plataforma Lumes Nunca Máis co lema «O noso monte importa». 35 localidades  de Galicia, pero tamén en Madrid, Girona, Barcelona ou Ponferrada sumáronse a esta protesta apoiada polo BNG e En Marea, entre outras organizacións políticas. Demandan unha nova política forestal, critican a actuación da Xunta e denuncian a manipulación informativa dos medios públicos.

Imaxes de Santiago, A Coruña e Carballo.

Fotos- Compostela Aberta, CIG, BNG.

20,42- Los incendios de Galicia al Parlamento Europeo

El eurodiputado socialista José Blanco reclama a la Comisión medidas y ayudas para paliar los daños causados por los incendios.Alerta de las consecuencias catastróficas de los incendios, que han provocado la muerte de cuatro personas en Nigrán y Carballeda de Avia. Reclama el impulso de una legislación europea específica en materia de suelo para homogeneizar y elevar los estándares de protección de suelos quemados.

20,15h-

Ana Pontón denuncia “o caos, a descoordinación, o abandono e desamparo” da poboación porque “nin o Goberno da galego nin o Goberno central estiveron á altura da situación”, e ante unhas circunstancias “extraordinarias pero previsibles”, das que o BNG leva semanas advertindo e ás que a Xunta “fixo ouvidos xordos”. 

20,11h-

No incendio de Portomeiro, no concello do Val do Dubra, queimáronse 367 h de monte arborado e no de Aro en Negreira unhas 75h. Estes dous lumes están extinguidos segundo a Xunta. Seguimos informando en www.adiantegalicia.es

20,00h-

A Consellería de Medio Rural informa que estes 9 incendios continúan en Situación 2. Lume preto das casas. En total hai 40 focos activos.

Cervantes (Donís)

Cervantes (Noceda)

Boborás ( Albarellos)

A Gudiña (A Gudiña)

Parada de Sil ( Paradellas)

San Cristovo de Cea (Oseira)

Baños de Molgas (Betán)

Paderne de Allariz (Cantoña)

Lobios (Araúxo)

19,50-

Declaracións Gonzalo Caballero:

“O fracaso das políticas públicas –de prevención do lume- amósase cando a cidadanía ten que mirar para o ceo para ver se a chuvia da solución a aquelo que as autoridades públicas non son capaces de resolver”. 

O secretario xeral do PSdeG rexeita unha «oposición destrutiva» pero pide a comparecencia do presidente Feijóo e fala de «imprevisión e improvisación». Confirma a visita de Pedro Sánchez este martes a Galicia.

19,30

A Consellería de Educación informa de que as clases só permanecerán suspendidas durante a xornada de mañá martes no IES Pazo da Mercé (As Neves), e o CPR Estudio (Nigrán), ambos na provincia de Pontevedra. En principio, sempre tendo en conta as circunstancias actuais, está previsto que a xornada lectiva se desenvolva con normalidade no resto das provincias. 
 

19,25- 

Luís Villares en Vigo:

«Que non se escuden en tramas para evadir responsabilidades, faltaron medios e coordinación e sobrou incompetencia»

19,20- Incendios en situación 2 –

Cervantes (Donís)

Cervantes (Noceda)

Boborás ( Albarellos)

A Gudiña (A Gudiña)

Parada de Sil ( Paradellas)

San Cristovo de Cea (Oseira)

Baños de Molgas (Betán)

Paderne de Allariz (Cantoña)

Lobios (Araúxo)

19:15-

Rajoy:“Algo que non se produce por casualidade”

O presidente do Goberno Mariano Rajoy visitou este luns Galicia. Participou nun minuto de silencio polas vítimas dos incendios e nunha xuntanza de coordinación, na compaña do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Despois visitou o centro de mando operativo de extinción situado en Pazos de Borbén(Pontevedra). Rajoy afirmou que o goberno do estado está a disposición de Galicia “para calquera axuda que necesite” e tamén reflexionou sobere a vaga de lumes destes días:”O que estamos vivindo aquí é algo que non se produce por casualidade. Isto foi provocado”.

A Xunta de Galicia decretou tres días de loito e a conselleira do Medio Rural Ánxeles Vázquez comparecerá este martes no Parlamento de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos