24:00 A vaga de lumes que afecta a Galicia deixou milleiros de hectáreas arrasadas, dúas vítimas mortais en Nigrán e unha en Carballeda de Avia e uns 40 focos activos, dos cales 13 están declarados de Situación 2.
24:00-
Á hora de pechar este servizo informativo mantéñense os trece puntos de Situación 2. En total fálase de 40 lumes activos.
Na Radio Galega, o alcalde das Neves alerta da «falta de control en varios focos».Queimouse unha factoría madeireira neste concello.
23:38-
Mensaxe do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
23:31-
Mensaxe en Twitter do presidente do goberno de España, Mariano Rajoy.
23:20-
O alcalde de Nigrán, Juan González, confirmou na radio autonómica que os membros do GES » atoparon a furgoneta nunha vía forestal» cos dúas persoas calcinadas no seu interior.»A sensación é que intentaron fuxir» afirmou o rexedor.
23:16
Declaracións á Radio Galega-O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, cree que se deu a «tormenta perfecta» creada por unha actividade incendiaria «moi forte», apoiada polo «incremento forte do vento».
23:05-
A xornada sáldase con dúas vítimas. Dúas persoas aparecen calcinadas no interior dunha furgoneta en Chandebrito, no concello de Nigrán.
22,15-
Xa hai trece incendios onde se decretou a situación 2. Os últimos son o de Lobios, parroquia de Araúxo e o de Nigrán, na parroquia de Parada.
22,08-
21:25- Baiona-
21:00-
“O terrorismo incendiario pon a batalla moi difícil pero venceremos”
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que “o terrorismo incendiario pon a batalla máis difícil pero venceremos”.En declaracións á Radio Galega, Rueda confirmou que mentres se loita contra o lume “están prendendo” en novos focos e que “tódalas mans son poucas” para facer fronte a esta vaga, aínda que agradeceu os reforzos do Ministerio de Defensa e de Medio Ambiente.
“Non recordo unha tarde coma esta” asegurou Rueda que situou como zona máis “preocupante” a do sur de Pontevedra nos concellos de Pazos, Redondela, Vigo ou Baiona onde os incendios asolagan estas zonas “con especial intensidade”.
O vicepresidente asegurou que “non se está escatimando en medios” e dixo que agora os esforzos estaban centrados para erradicar as lapas pero logo haberá que “investigar e chegar aos culpables e poñer aos responsables a disposición da xustiza”.
Baiona
20:50-
“Estamos rodeados de lume por tódolos sitios. Isto é infernal” declara o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares na Radio Galega, confirmando a aparición de novos focos e que os lumes que rodean o mosteiro de Oseira.
A Xunta decretou a situación 2 no lume de Paderne de Allariz, parroquia de Cantoña e no incendio de Cervantes-Noceda, por proximidade ao núcleo de Freitas. Xa son 11 lumes en situación 2. Cinco en Pontevedra, catro en Ourense e 2 en Lugo.
20.20h-
Distintos incendios forestais azoutan Galicia. O Ministerio do Interior decretou a situación operativa 1 e o Ministerio de Defensa enviou 355 militares para axudar neste combate contra as lapas.
Nestes momentos está declarada a situación 2 nos incendios de Baiona-Baiña, Castro Caldelas, Baños de Molgas-Betán-Nevoeiro, Pesqueiras-Salvaterra de Miño, Morgadans-Gondomar, Paredes-As Neves, Cervantes, San Cristovo de Cea e Pazos de Borbén. En todos estes focos hai risco de que o lume chegue as casas. Falamos duns oitenta focos activos e de máis de 4.000 hectáreas queimadas, con localidades onde os veciños tiveron que ser desaloxados.