11.7 C
Santa Comba
domingo, abril 14, 2024

”Os aparatos do partido teñen que entender que temos un novo tempo político”

“Somos a esquerda que é alternativa ao Partido Popular” afirma o novo secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero.

O novo secretario xeral do Partido Socialista, Gonzalo Caballero, declarou o día despois da súa vitoria electoral, que neste momento xa está pensando “como enfilar esta nova situación dunha forma axeitada”. Agradeceu o “nivel de participación” que lle outorga “unha lexitimidade moi forte”.

Nunha entrevista ao programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, na que non foi moi concreto, enviou unha mensaxe ao denominado “aparato” do partido:”Os aparatos do partido teñen que entender que temos un novo tempo político”.

Neste novo ciclo, no que manterá ao seu aliado Xoaquín Fernández Leiceaga como portavoz parlamentario, Caballero insistiu en que o obxectivo é “recuperar o músculo político do Partido Socialista” para construír unha organización “renovada, fortalecida e con capacidade de integrar”.

“Os militantes querían un cambio” 

“Somos a esquerda que é alternativa ao Partido Popular” afirmou Gonzalo Caballero que detecta que no ámbito da esquerda “as chamadas forzas emerxentes están estancadas ou en caída” e que tamén teñen “problemas de xestión”. O novo secretario xeral está convencido de que o PSdeG ten que liderar unha alternancia política necesaria en Galicia.

“Os militantes querían un cambio” indicou Caballero que agora quere centrase en preparar o congreso galego e despois manter unha rolda de contactos con distintas agrupacións. Sobre o pacto con Leiceaga sinalou que foi “un acerto político clave”.

Tamén recalcou que pretende dar maior protagonismo aos militantes de base e ter capacidade de diálogo con outras forzas da esquerda.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos