Este xoves debate entre Caballero e Villoslada emitido por streaming e Facebook Live.
Gonzalo Caballero e Juan Díaz Villoslada participan este xoves 5 de outubro nun debate de cara ás eleccións primarias socialistas que se celebrarán o vindeiro domingo en Galicia.
Despois da retirada de Fernández Leiceaga, que se uniu a Caballero, os dous candidatos debaterán a partir das 18h na sede do PsdeG da rúa do Pino.
O debate estará dividido en tres bloques: modelo económico, modelo social e modelo de partido. Terá unha duración estimada de 40 minutos.
Onde se pode ver o debate Caballero-Villoslada ?
O debate poderase ver por streaming a través da web primarias2017.socialistas.gal e da páxina de Facebook dos socialistas www.facebook.com/socialistasdegalicia
Hai un cancelo activado para este encontro #DebatePSdeG. Fontes do Partido Socialista informaron que ofreceron á CRTVG a cobertura deste debate pero a reposta foi negativa.