16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Denuncian falta de transparencia nunhas listaxes da Consellería de Educación

A Confederación Intersindical Galega(CIG) denuncia  falta de transparencia na aplicación das listaxes de substitucións da Consellaría de Educación.

 

Listaxes sen actualizar, dúbidas na CIG

Segundo o sindicato nacionalista durante esta semana na aplicación do profesorado interino e substituto do Corpo de Mestres da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/) a”parecen prazas de substitucións que pouco despois desaparecen sen ser adxudicadas publicamente”.

Nun comunicado de prensa desde a CIG explican que a situación agrávase “polo feito de que ao comezo de curso moito profesorado está pendente do seu nomeamento e ao ver que as prazas que lle poderían interesar aparecen e desaparecen diante dos seus ollos sen ser adxudicadas fai que se dubide moito da limpeza dun proceso, que debe ser pulcro e transparente”.

 

Incerteza nos interinos

Xunto coa denuncia por esta suposta falta de transparencia, o sindicato queixase  de que as listas aínda non foron  actualizadas despois do proceso selectivo realizado o curso pasado, “o que crea incerteza por parte do persoal substituto e interino”.

Desde CIG-Ensino esixen a actualización das listaxes de substitucións e que “estas prácticas sexan corrixidas e que toda praza que apareza no listado teña xustificación pública para a súa desaparición”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos