A vicesecretaria do PSOE, Adriana Lastra reivindicou a figura de Castelao nun acto que contou coa presenza de Fernández Leiceaga, Gonzalo Caballero e Díaz Villoslada.
A presidenta da xestora do Partido Socialista de Galicia, Pilar Cancela ratificou o compromiso da dirección do PSdeG coa neutralidade diante do proceso de eleccións primarias que se vai a abrir:»Xa temos enriba do lombo unhas cantas primarias e creo que nunca ninguén puxo en cuestión a neutralidade e a capacidade de desenvolver eses procesos con total neutralidade e imparcialidade, que é o noso papel» manifestou Cancela.
Unha declaracións feitas no Día Nacional de Galicia, celebrado como é tradición no PSdeG en Rianxo e cunha ofrenda floral ao ilustre galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que ten alí un busto.Sobre a pegada de Castelao tamén falou Cancela que se referiu aos debuxos do artista e político como símbolo da defensa dunha sociedade máis “xusta e igualitaria” e da necesidade dun “autogoberno forte dentro dunha España federal e profundamente solidaria”.
Esta cita contou coa asistencia da Vicesecretaria do PSOE, Adriana Lastra que defendeu un concepto de España “plural e diverso” e aproveitou para criticar ao Partido Popular polos casos de corrupción que lle están afectando.Lastra reivindicou a figura de Castelao quen construíu “parte do discurso do socialismo español”. As dúas políticas estiveron acompañadas pola secretaria xeral da agrupación de Rianxo, Mari Carmen Figueira.
Tamén estivo presente o economista Gonzalo Caballero, que xa se postulou como aspirante á secretaria xeral dos socialistas galegos e os outros dous posibles candidatos, o voceiro parlamentario Xoaquín Fernández Leiceaga e o deputado autonómico coruñés Juan Díaz Villoslada.