6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Un Día Nacional de Galicia con distintos actos políticos

Cristóbal Mourín//Un feixe de actos por separado para celebrar o Día Nacional de Galicia este martes 25 de xullo.

O alcalde de Lalín e dirixente de Compromiso por Galicia, Rafael Cuíña, non ocultaba o seu malestar pola división existente á hora de celebrar o Día da Patria Galega:”Se non o digo rebento… creo que é impresentable que En Marea, BNG, CxG e algún máis non celebren conxuntamente o día da Patria”. Para Cuíña esta circunstancia é boa para o Partido Popular.

Precisamente o Partido Popular xa celebrou a xornada cun acto anticipado ao pasado venres, cunha ofrenda floral ante a estatua de Manuel Fraga en Vilalba, coa asistencia, ente outros de Miguel Tellado, Pedro Puy ou Elena Candia.O Partido Socialista volverá a Rianxo para celebrar, a partir das 12,00, a tradicional ofrenda floral ante o busto de Castelao, coa presenza da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra.

O BNG agarda un día con moita mobilización social

O BNG agarda que esta Día da Patria sexa o máis multitudinario dos últimos anos. Os nacionalistas farán o habitual percorrido nunha manifestación desde a Alameda ata a Praza da Quintana onde terá lugar o acto político no que intervirá, entre outras persoas, a voceira nacional, Ana Pontón.

Segundo o secretario de comunicación, Xavier Campos, o BNG pretende converter a xornada “nunha gran mobilización social en contra da discriminación que soporta Galiza por parte do Estado e para reclamar un cambio de rumbo para construír un país con oportunidades, que garanta que ninguén se vai quedar atrás por moito que a vida se lle torza, a Galiza das oportunidades, do emprego e dos dereitos”.

Estarán representados distintos colectivos políticos do estado coma ERC, CUP, Eusko Alkartasuna, PNV, EH-Bildu, Més per Mallorca ou do Bloco de Esquerdas e do Partido Comunista de Portugal.

Tamén asistirán traballadores de Ferroatlántica, e representantes da asociación Long Hope, Asociación Monte Pindo, ou de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Xa en días previos tanto o Bloque como Galiza Nova celebraron distintos actos conmemorativos.

División da esquerda rupturista

Anova Irmandade Nacionalista optará polo Parque de Galeras para celebrar o seu acto político e a súa romaría popular, a partir das 13,00h, despois dunha véspera de debate.

Os actos de En Marea comezarán as 12,30 na finca Vista Alegre “cunha dinámica participativa” consistente “en pendurar dunha árbore frases e ideas sobre o país que imaxinamos”. Intervirán representantes de distintos movementos sociais e haberá distintas actividades.

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia desenvolverá o seu acto central no parque Eugenio Granell(13,30h), con convidados do PNV e do Partido Socialista portugués e con distintas intervencións entre elas a do secretario xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo, dos alcaldes de Muros e Lalín, do presidente do partido Xoán Bascuas e dos representantes dos partidos convidados.Antes haberá unha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres.

Todos os actos terán como epicentro Santiago de Compostela, a excepción do de Esquerda Unida que elixe a localidade de Mugardos para celebrar na praza do concello(12,00) un acto político e xantar a Juan Prieto Balsa, alcalde comunista da localidade en 1936.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos