5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Gonzalo Caballero inicia a carreira polo liderado do PSdeG

Gonzalo Caballero:“O reto é poñer ou PSdeG ao servizo dun proxecto de esquerdas que consiga gobernar Galicia”.

“Unha oferta de cambio”

Cun acto na sede da agrupación socialista de Santiago de Compostela, Gonzalo Caballero iniciou a súa particular carreira para coller o temón do Partido Socialista de Galicia propoñendo “unha oferta de cambio” nun partido que non se resigna e quere ser opción de goberno en Galicia, pero lembrando que “desde o ano 2009 non foi quen de artellar un proxecto que conseguise acadar ou goberno galego”

Caballero ten claro que “o reto é poñer o PSdeG ao servizo dun proxecto de esquerdas que consiga gobernar Galicia”.Esta proposta política non é válida para “os que queiran seguir nunha mesma situación de incertidume, de certa debilidade”, sinalou Caballero nun encontro con militantes celebrado este sábado. 

O político vigués di que é o momento para que fale a militancia e de transmitir a paixón que existe nas bases á rúa.

Un PSdeG “moi situado á esquerda”

O Doutor en Economía e profesor titular da Universidade de Vigo lembrou que é un membro coñecido por todos no PSdeG, partido no que milita desde hai dúas décadas.Caballero percibe unha vontade de cambio nas bases, seguindo o camiño iniciado por Pedro Sánchez. Asegurou que se necesita un PSdeG “máis forte e renovado” e “moi situado á esquerda”.Indicou que o seu programa electoral “o faremos entre todos durante os vindeiros meses”.

Ao final do acto Gonzalo Caballero fixo unha valoración a través das redes sociais:”Hoxe estiven na agrupación local de Santiago de Compostela con compañeir@s do PSdeG… Estamos abrindo un proceso de cambio moi importante para o socialismo galego e queremos unha nova etapa non PSdeG impulsada polas bases. Moita ilusión e ganas. Grazas a tod@s”.

Nos últimos días tanto o voceiro parlamentario Xoaquín Fernández Leiceaga coma o deputado Juan Díaz Villoslada abriron a posibilidade de presentarse ás primarias dos socialistas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos