6.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Vinte e catro obradoiros de emprego na provincia da Coruña

O Consello da Xunta aprobou un investimento de 5,4 millóns de euros na provincia.Formación para 440 persoas desempregadas na provincia coruñesa.

Obradoiro celebrado en Santa Comba

O Consello da Xunta aprobou un total de 24 obradoiros de emprego  que se desenvolverán na provincia da Coruña durante este ano 2017, 16 de carácter xeral e 8 de Garantía Xuvenil para mozos e mozas menores de 30 anos, que contarán cun investimento de 5,4 millóns de euros.Os obradoiros, que arrancarán en setembro, serán de 9 meses e permitirán a formación de 440 persoas desempregadas.

Os obradoiros aprobados

Os obradoiros xerais, cada un con 20 prazas, terán lugar en Oza-Cesuras compartido con Coirós; Ribeira compartido con Porto do Son; Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne; Ferrol; A Laracha compartido con Arteixo; Monfero compartido con Aranga, Irixoa e Vilarmaior; Boqueixón compartido con Vedra; Santa Comba compartido con Mazaricos e Dumbría; Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Padrón compartido con Rois e Dodro; As Pontes; Mugardos compartido con Ares, Fene, Cabanas e Neda; Cambre compartido con Sada; Miño compartido con Paderne e Pontedeume; Touro compartido con O Pino; e Ordes compartido con Frades.

Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, que contarán cada un con 15 alumnos-traballadores, realizaranse en Ames compartido con Brión; Carballo; Fene compartido con Ares, Neda, Mugardos e Cabanas; Santiago; Muros compartido con Carnota; Oleiros; A Coruña; e Boiro.  

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou o “compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade, estables e coa mirada posta no futuro”. Rodeiro fixo fincapé no “obxectivo claro de dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reincorporarse ao mercado laboral. Non podemos esquecer ademais”, engadiu, “que grazas a estes obradoiros centos de persoas obterán un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación aos directores, ao persoal docente e administrativo que se contratará nas vindeiras semanas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos