7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Cinco anos de Anova Irmandade Nacionalista

O partido reivindica a unidade popular como práctica política e a necesidade da “rebelón cívica, a creba democrática  e un novo proceso constituínte”.

Un 14 de xullo de 2012, Anova celebraba en Compostela a súa asemblea fundacional. Atrás quedaba a convulsa XII asemblea do BNG, e a marcha de dirixentes do Encontro Irmandiño liderado por Xosé Manuel Beiras. Foi o xerme dun partido que hoxe participa en En Marea e que ten como voceiro nacional a Antón Sánchez García. Un proxecto que ten tamén como cabezas visibles a Beiras e ao alcalde de Compostela, Martiño Noriega.

Esta é a nota que difundiu Anova no día do seu quinto aniversario

O 14 de xullo de 2012, o espírito dos sans coulottes celebra en Compostela a Asemblea Fundacional de Anova e proclama os principios da organización na que cristaliza a idea dun novo proxecto común para as clases populares da nación galega. A República Galega como proxecto e os seus valores cívicos como ética política: a cooperación, a democracia radical, a defensa do común e dos dereitos colectivos resumen o noso ideario político.

Anova nace en tempo de caos sistémico e crise de réxime e do modelo de partido tradicional, que se revela ineficaz para conter a agresión contra as clases subalternas. O 25 de xullo, só 11 días despois, Xosé Manuel Beiras formula a proposta dunha Fronte Ampla que pivote sobre o eixo da esquerda e da defensa do dereito de autodeterminación. Xorde AGE, que en si abre unha brecha conceptual ao mover os marcos das vellas formas, clausurar o mapa político galego e inaugurar a configuración dun espazo republicano de ruptura. Apenas tres meses despois, AGE irrompe coma unha treboada no Parlamento de Galicia coa súa ética política da rebeldía. O proceso de Unidade Popular e confluencia, a necesidade de construírmos ferramentas para a rebelión cívica, a creba democrática e un novo proceso constituínte, xa non se deterán.A historia de Anova é a do proceso de configuración do espazo galego de ruptura.

A Unidade Popular é a nosa práctica política, para promover redes cooperativas e solidarias na sociedade civil e para proseguir acumulando forzas diversas mediante alianzas políticas e co protagonismo crecente da cidadanía do común. Somos AGE e a cidadanía do común protagonizando a Marea da Primavera Municipalista de 2015 que sitúa o noso compañeiro Martiño Noriega na alcaldía da capital de Galicia. Somos a En Marea do Pacto de Mazarelos e dos máis de 400.000 apoios e oito representantes nas cortes españolas en decembro de 2015. E somos tamén a En Marea do plenario constituínte de xullo de 2016 en Vigo que se converte na primeira forza da oposición nas autonómicas de 2016.

Somos o compromiso político coa Unidade Popular desde AGE a En Marea que representa Antón Sánchez, voceiro nacional de Anova. Nacemos nun proceso de confluencia de identidades diversas e continuamos practicando ese encontro mestizo e creativo de unidade en todos os espazos.Para que desta vez o espírito dos sans coulottes asalte o palacio do ceo e ice no seu balcón a bandeira da República Galega.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos