10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

“Non miramos cores políticas cando se inviste nos concellos»

 Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín fixeron balance de dous anos de goberno na Deputación coruñesa.

Dous anos de goberno na Deputación por parte da coalición PsdeG-BNG. E tocou facer balance por parte do presidente, Valentín González Formoso e da vicepresidenta, Goretti Sanmartín.

“Por primeira vez deixa de ser unha institución presidencialista, xa non hai que pasar polo despacho do presidente ou da vicepresidenta a concretar inversións para unha vila. Non miramos cores políticas cando se inviste nos concellos, senón que miramos criterios obxectivos, respectamos os criterios que  durante trinta anos se aprobaron nesta casa, nacidos do consenso” sinalou González Formoso.

Un dos puntos que destacou foi o chamado Plan Único no que “agrupamos trece plans independentes” aforrando en tramitacións e expedientes. Tamén destacou o Plan de Emprego Local e o Plan de Medio Ambiente.

Sanmartín convida á Xunta a “mirarse no espello” da Deputación

Goretti Sanmartín asegurou que o goberno está traballando de “maneira intensa” por un “cambio de modelo político” para “deixar atrás” o anterior modelo que tutelaba aos concellos e optar por un novo que “acredita na autonomía local e nas relacións en pe de igualdade”.

A Vicepresidenta convidou á Xunta a “»mirarse no espello da Deputación da Coruña para ver camiños polos que avanzar». Asi mesmo suliñou outras accións como a conmemoración por vez primeira do Día do Orgullo LGTBI, a aprobación dunha ordenanza de impulso do uso da lingua galega, a cesión de obras como «O Discurso» de Díaz Pardo a institucións museísticas ou a apertura ao conxunto da cidadanía, entre outras iniciativas, a través das retransmisións dos plenos.

Outros dos temas que se trataron durante o balance dos dous anos de goberno provincial foron os avances na creación da primeira residencia universitaria pública da Coruña, a recuperación do carril bici metropolitano ou o importante investimento de 20,7 millóns de euros no departamento de Vías e Obras, que supera en só dous anos a inversión realizada pola corporación anterior en todo o mandato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos