18.1 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

Ovidio Rodeiro pide colaboración na prevención e defensa contra os lumes forestais

O delegado visitou o concello de Vimianzo onde se invisten máis 85.000 euros nas tarefas de prevención e defensa contra os lumes forestais.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo un chamamento a que toda a sociedade galega e as entidades e administracións con competencias na materia se involucren nas obrigas compartidas da prevención e defensa fronte os lumes forestais. O Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) céntrase en mellorar a seguridade do persoal, a eficacia do seu traballo e a prevención. 

Así, o dispositivo despregado para esta campaña estará composto por 5.700 persoas, ás que hai que sumar o persoal de reforzo ata completar un operativo de máis de 7.000 efectivos. No relativo aos medios materiais, contarase cunha trintena de medios aéreos, entre os propios da Xunta e os que aporta o Estado; e 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.

Rodeiro aportou estes datos durante a visita que realizou esta mañá á sede do Distrito Forestal V e, posteriormente, aos membros das brigadas forestais de Vimianzo, acompañado polo alcalde, Manuel Antelo Pazos. No pasado xuño do 2016, a Consellería do Medio Rural asinou cos concellos o convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, un acordo que ten unha vixencia de tres anos, ata o 2018. O convenio ofrece aos concellos tres modalidades de colaboración: realizar actuacións preventivas mediante tratamentos mecanizados; dispor de brigadas para a prevención e a defensa contra incendios, e aportar vehículos motobomba ao despregue de medios na campaña do verán.

O concello de Vimianzo colabora nas tres modalidades sinaladas, e desprega este verán unha motobomba e dúas brigadas municipais de cinco compoñentes cada unha, que realizan traballos preventivos de rozas, así como tarefas de vixilancia e intervención na extinción de incendios forestais. En canto ás axudas para as comunidades de montes de man común, a Xunta destinou este ano máis de 8.600 euros a unha agrupación do municipio, que sumados aos máis de 77.000 de axuda directa ao Concello completan un esforzo superior aos 85.000 euros.

O Distrito Forestal V comprende as demarcacións de Fisterra (Cee, Corcubión, Dumbría. Fisterra e Muxía), Terra de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) e Xallas-Muros (Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba). Ovidio Rodeiro resaltou “a necesidade dunha maior implicación de todos os involucrados”. Sinalou que “estase a notificar a concellos, deputacións e organismos xestores de infraestruturas, como vías de comunicación ou redes de transporte de enerxía, que hai unha lei que cumprir”. Engadiu que “no ánimo da Consellería do Medio Rural non está sancionar sen máis, senón primeiro informar sobre as obrigas de cada quen”.   

Fonte-Xunta de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos