13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Anova propón un 25 de xullo de “República e ruptura»

Xornada de debate, balance de Antón Sánchez e unha romaría popular en Compostela.

Anova Irmandade Nacionalista presentou o seu programa de actos para o Día da Patria Galega, que se desenvolverán baixo o lema “República e ruptura”.

O 24 de xullo a  Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela acollerá unha xornada de debate co título «Unidade Popular e Procesos Constituíntes» coa asistencia de membros de Anova pero tamén doutros “espazos de ruptura” e das “nosas  alianzas confederais como das esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás”.

Desde Anova indican que queren “sumar vontades de cara a incorporar ideas como República, ruptura democrática e procesos constituíntes ao debate público que se está a dar na nosa nación”.

Día da Patria Galega

E xa o 25 de xullo, o voceiro nacional Antón Sánchez “realizará un balance deste curso político e apuntará as liñas de actuación dos vindeiros meses” nun acto que se celebrará desde as 13,00h  no Parque de Galeras en Santiago de Compostela.A xornada rematará cunha romaría popular na mesma capital de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos