10.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Homenaxe a Eulogio Gómez Franqueira

Asistirán representantes de Coalición Galega, Compromiso por Galicia, Converxencia XXI, Partido Galeguista, Vía Nova e Xuntos Podemos.

Coalición Galega coordina un acto en homenaxe a Eulogio Gómez Franqueira con motivo do centenario do seu nacemento, e que consistirá nunha ofrenda floral no cemiterio de Santo Estevo de Castrelo de Miño, en Ourense, onde repousan os restos  do “fundador de Coalición Galega e de sociedades cooperativistas que deron un importante impulso económico ao rural galego”, indican desde a formación galeguista.

Será este vindeiro sábado, 10 de xuño, á unha do mediodía. Segundo confirmou a Adiante Galicia, o secretario xeral de Coalición Galega, Fernando Alonso, asistirán representantes de Coalición Galega, Compromiso por Galicia, Converxencia XXI, Partido Galeguista, Vía Nova e Xuntos Podemos.Desde Coalición Galega consideran que Franqueira é “un dos homes máis ilustres e comprometidos que deu a provincia de Ourense e Galiza”.

 

Gómez Franqueira

Eulogio Gómez Franqueira naceu o 6 de xuño de 2017 en Cenlle, na provincia de Ourense. Foi mestre, empresario e político. Foi concelleiro e Procurador en Cortes durante a Ditadura. En 1977 funda o Grupo Orensano Democrático , que se acabaría integrando na Unión de Centro Democrático. Foi deputado durante tres lexislaturas no Congreso e posteriormente fundou Centristas de Ourense e Coalición Galega. Como empresario foi o impulsor de Coren, entre outras iniciativas.

Foto portada- La Región

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos