15.5 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

O BNG pide investigar as adxudicacións ao grupo Villar Mir

O BNG solicita no Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre todas as adxudicacións públicas ao grupo de Villar Mir.

Os deputados do Bloque no Parlamento de Galicia materializaron o que xa anunciara a voceira Ana Pontón este mércores. En forma de proposición non de lei os nacionalistas solicitan a creación dunha comisión de investigación que investigue as autorizacións, contratos, concesións e adxudicacións das empresas do grupo Villar Mir co sector público galego. E que se poña o foco no “intento de venda e segregación ilegal das centrais dos ríos Xallas e Grande”.

Aínda que a proposta vaise a debater o BNG anuncia o inicio de contactos para obter o apoio das demais forzas políticas que a mesma prospere.“É imprescindible crear esa comisión en aras da transparencia, acceso á información pública e ao bo goberno, máxime cando está en xogo o emprego industrial en toda a Comarca da Costa da Morte e o interese xeral de Galiza” indican desde o Bloque.

Con respecto a situación de Ferroatlántica na Costa da Morte, Ana Pontón escribía nas redes sociais: ”Feijóo ten que decidir, se vai aceptar a chantaxe do empresario imputado pola financiación ilegal do PP ou se vai defender o emprego na Costa da Morte, o interese xeral de Galiza e evitar que se faga unha venda que é ilegal, e que é un atropelo a dignidade do noso pobo!Galiza non está para pagar as mordidas, nin os favores que o PP lle debe a Villar Mir”.

Sobre o Grupo Villar Mir, desde o BNG, lémbrase que Villar Mir foi doante da Fundación Manuel Fraga, e recibiu “a adxudicación a dedo” de 1,3 millóns de euros para a xestión dos albergues do Camiño de Santiago a través da construtora OHL, así como outras adxudicacións como a nova liña de atraque no porto vigués de Bouzas por 4,1 millóns de euros ou o contrato para mellorar o calado do Porto de Punta Langosteira por importe de 785.000 euros

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos