5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Beiras:”No PP ninguén critica a Rajoy, esa é a diferencia»

A corrupción, a “traizón” de Yolanda Díaz, El Correo Gallego, e o papel de En Marea, temas tratados por Xosé Manuel Beiras Torrado nunha entrevista na Radio Galega.

Xosé Manuel Beiras ofreceu as súas reflexións no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, onde asegurou que “a corrupción é un sistema de poder non unha anomalía no plano da moral ou da ética”, tendo claro que “se hai corrupción na política e porque hai corrupción na sociedade” desde a quebra dum “sistema de valores”.

“En Marea está en proceso de xestación”

O histórico dirixente político defenden o papel de En Marea que de momento cumpre a súa misión “imperfectamente” porque está en período de “xestación” e no seu “proceso constituínte”, e ademais “está acosada por todas as partes”.

Sobre as críticas que existen pola representatividade do consello de En Marea, Beiras Torrado, dixo que o problema xurdía básicamente pola existencia de autocrítica nesta organización:”No PP ninguén critica a Mariano Rajoy. Esa é a diferencia” dixo o veterano político, partidario de cambiar este modelo de “facer crítica porque se utiliza”.

Quixo deixar claro que “En Marea é un partido de adscrición individual onde hai continxentes doutros partidos” e que ninguén tiña porque renunciar a súa militancia:”Eu non deixo de ser de Anova” puntualizou.

Asedio de El Correo Gallego

Xosé Manuel Beiras tamén se referiu ao arquivo dunha denuncia do xornal El Correo Gallego contra o goberno de Martiño Noriega e denunciou “unha situación de asedio e acoso desde o primeiro día”, acusando ao xornal de difamar.

Na entrevista concedida a Kiko Novoa, definiu a radio pública como “gobernamental” e tamén criticou as declaracións da deputada Yolanda Díaz neste medio:”Yolanda Díaz non ten lexitimación para dicir semellantes cousas, porque foi a primeira persoa que me traizoou”. Para Beiras a dirixente de Esquerda Unida debería “revisar cal foi o seu comportamento”.

Tivo palabras de eloxio para Luís Villares se ben explicou que lle falta formación e experiencia no terreo político e “ten que ir asumindo  o que é a práctica dunha nova situación”.

Beiras comentou que segue na primeira liña “a miña maneira”, e centrando os seus esforzos en reflexionar “porque hai que repensar o país”, ante a falta de dirección por parte do goberno do PP. O que ten claro é que “En Marea é un proxecto a longo prazo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos