5.2 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Alfonso Rueda defende o traslado do 112 e o funcionamento da plataforma

En Marea e PSOE  pensan que o traslado foi “irresponsable” e o Comité de empresa confirma erros na plataforma tecnolóxica.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou que o traslado do 112 a localidade da Estrada levouse a cabo “sen incidencias” e que estivo avalado polos técnicos da Xunta nunha decisión tomada despois “de analizar parámetros obxectivos”

Rueda Valenzuela lamentou que a oposición tentaba “sacar réditos” coas súas críticas e “xa falaban dos problemas antes de que sucedera o traslado”. Para o goberno, con esta medida “a atención ás emerxencias mellora moito coas novas tecnoloxías e cunha plataforma que permite unha atención integrada e integral”.

Alfonso Rueda sinalou que despois do traslado a atención “estase desenvolvendo con profesionalidade” e o servizo “está funcionando ben” aínda que en evolución. Agradeceu o esforzo dos traballadores do 112 e lembrou que o goberno bipartito plantexa o traslado do servizo ao concello de Oroso.

Eva Solla e Juan Díaz Villoslada

A deputada de En Marea,Eva Solla,cualificou de “irresponsable” o traslado e denunciou que os traballadores non recibiron a formación necesaria para usar unha nova plataforma tecnolóxica que non funciona correctamente.

“O sistema operativo non funciona. Hoxe estivo parado media hora, e os traballadoresestán chamando ós bombeiros cos seus teléfonos móbiles particulares” afirmou Solla. A deputada tamén se fixo eco da perda de ingresos dos traballadores que aumentan os seus desprazamentos.

Pola súa banda, o deputado socialista Juan Díaz Villoslada tamén criticou que se realizara o traslado “cunha folga convocada”, e emprazou ao goberno galego a chegar a un acordo cos traballadores.Tamén recolleu queixas que existen polo funcionamento da plataforma.

Despois da dúas preguntas parlamentarias de En Marea e PSOE, representantes do comité de empresa do 112, lanzaron as súas críticas contra a intervención do conselleiro de Presidencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos