12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

“Nun Tramabús galego colocaría a Méndez, Gayoso, Villar Mir, Pepiño Blanco e Paco Vázquez»

Yolanda Díaz:”Hai unha trama do propio establishment na que participan os políticos, os poderes económicos, unha parte do poder xudicial e os poderes financeiros”.

O Tramabús galego

A deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, non ten dúbidas sobre a quen colocaría nun #TramaBus galego e sinalou a aos banqueiros Méndez e Gayoso, ao empresario Villar Mir ao eurodeputado socialista José Blanco e ao exalcalde da Coruña, Paco Vázquez.

Serían parte dun “autobús de varios pisos” nos que tamén se incluirían aos representantes do Partido Popular vinculados ao Caso Alvia ou aos relacionados con Indra.A deputada de En Marea lembrou que en Galicia “hai máis cen cargos políticos investigados”.

“O colofón dunha enorme orxía”

Nunha entrevista na Radio Galega, a política ferrolá falou de corrupción:» Hai unha trama do propio establishment na que participan os políticos, os poderes económicos, unha parte do poder xudicial e os poderes financeiros, estamos vendo como saqueaban o público para logo seguir recortando”.

Unha actualidade política que para Díaz é “o colofón dunha enorme orxía dun modelo de gobernar baseado na corrupción” no que sinala ao Partido Popular pero tamén ao PSOE, que está permitindo que goberne Mariano Rajoy e tamén pola propia historia: as políticas do PP e do PSOE eran as mesmas. Repártense os postos nos consellos de administración”.

 

Yolanda Díaz non continuará como coordinadora de Esquerda Unida

Tamén se queixou dos orzamentos do estado porque son “os orzamentos da pobreza, dos recortes, da corrupción e desprezan ao noso país». Ademais informou que no vindeiro mes de xuño deixará o seu posto de coordinadora nacional de Esquerda Unida para dar paso a renovación.

Sobre o proceso de elección dos representantes na coordinadora de En Marea, dixo que a in inclusión de determinadas organización é “un erro subsanable”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos