14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Ana Pontón denuncia o maior “recortazo” da historia

-Vai calar ante o maior recortazo da historia das inversións do estado en Galiza?—pregunta Ana Pontón no Parlamento Galego.

 

Unha declaración institucional para denunciar o agravio

A voceira do BNG, Ana Pontón, propuxo no Parlamento de Galicia unha declaración institucional “para decirlle a Rajoy que non aceptamos uns orzamentos que discriminan a Galiza” convidando ao presidente da Xunta a “atreverse” a poñerse “de lado dos intereses dos galegos”.

Na quenda de preguntas ao presidente, Pontón preguntoulle se “vai calar ante o maior recortazo da historia das inversións do estado en Galiza” e tildou a Feijóo de actuar como “palmeiro” na recente visita de Soraya Saenz de Santamaría a Santiago de Compostela.

Para Ana Pontón, os orzamentos suponen “un agravio ao noso país e unha labazada na cara dos galegos” con 442 millóns de euros menos cando vai subirá a recadación de impostos.

O BNG quere un plan de futuro para o rural galego

Na súa intervención preguntou se a Xunta ten “algún plan serio para o rural” e denunciou unha situación de “xenocidio” que non se vai solucionar “co seu departamento de publicidade e propaganda”.

Ana Pontón alertou que desde que goberna Núñez Feijóo “Galiza lidera a perda de poboación en todo o estado” e cualificou o “plan de fixación” presentado polo goberno galego como un “remake” do antigo Plan de Desenvolvemento Rural.“A metade da poboación que se perdeu no rural é de Galiza e vostede dínos que estamos mellor” lamentou a deputada nacionalista.

Desde o BNG consideran fundamental “pechar ciclos productivos”, unha nova política forestal e a mellora dos servizos ferroviarios, dentro dun plan que impida que “vivir no mundo rural non te convirta en cidadán de segunda”.

No tocante os “impostos cero” aos que alude o presidente da Xunta, Pontón manifestou:”Non sei se iso é o catastrazo de Rajoy”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos