14.8 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

TVG 2: Dous millóns de euros e un 0,7% de audiencia

Alfonso Sánchez Izquierdo non desbota unha reformulación “por completo dos contidos da TVG 2” nun futuro.

O director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo confirmou a intención de “persistir na liña de actividade actual” da segunda canle da Televisión de Galicia se ben “non desboto que nun futuro  haxa que reformular por completo os contidos” para adaptarse ós novos tempos.

Sánchez respondeu a unha pregunta en comisión da deputada do BNG, Olalla Rodil, que preguntou polas medidas que se pensan tomar ante a baixa audiencia da TVG-2 que “continúa sen dar levantado cabeza” cunha cota de pantalla do 0,7%. 

Rodil comentou que “no seu día fomos grandes consumidoras do Xabarín Club” se ben agora “este formato perdeu posicións porque a sociedade mudou moito”.

Sánchez Izquierdo recoñeceu que a TVG-2 que se basea en contidos “infantís, culturais e deportivos” está lonxe de canais como Clan TV, que ten un 8%, pero por riba doutros como a canle pública vasca ETB-3, que está nun 0,5% de share.

O director xeral da CRTVG calcula que se invisten sobre dous millóns de euros anuais nesta canle “cun forte compoñente de servizo público”, a maioría destinados a dereitos e a dobraxe.

Olalla Rodil propuxo unha maior aposta pola “produción propia” e aportar “valor engadido” á grella televisiva con “informativos xuvenís” como os que se emiten noutros países. 

Para Sánchez Izquierdo os nenos o que “realmente seguen son debuxos, debuxos e máis debuxos”. En cambio pensa que o futuro pode conducir a que “a programación infantil desapareza da segunda canle” xa que “nun prazo de dez anos a televisión como a concebimos vai a desaparecer sí ou sí” e agarda que a CRTVG estea preparada para os novos retos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos