16.2 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

II Semana cultural no IES Terra do Xallas

O Instituto Terra do Xallas celebra desde o vindeiro luns e ata o 7 de abril a súa II Semana Cultural.

Intensa semana e atractivas actividades no instituto de Santa Comba que se converte un ano máis nun foco de efervescencia cultural e científica, coa súa II Semana Cultural, que conta co apoio do concello xalleiro.

Ángel Carracedo, De Vacas e xornadas do Xapón 

O luns haberá unha charla do Catedrático de Medicina Legal e experto xenetista xalleiro Ángel Carracedo, que recentemente participou nun foro organizado por Ler Librerías en Santa Comba.

O martes está prevista a actuación do grupo musical De Vacas. Xa o mércores a compañía Fantoches Baj representará a obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”.

O xoves 6 de abril, haberá unha xornada intercultural. Se o ano pasado estivo adicada a Cabo Verde  nesta ocasión o país elixido é Xapón. Haberá un obradoiro de origami, outro de caligrafía shodō con Megumi Shiozawa e un concerto de frauta shakuhachi a cargo de Rodrigo Rodríguez.

O venres o Instituto Terra do Xallas recibirá a visita de Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014 e colaboradora da firma Loewe, que impartirá un obradoiro de cestería contemporánea.

E moitas cousas máis

Pero estas non serán as únicas actividades xa que ao longo de toda a semana organizaranse obradoiros de  animación a lectura,instrumentos musicais, rap, tecnoloxía, e primeiros auxilios. Tamén haberá visitas literarias a Pobra e Rianxo e unha excursión á sede do Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.

O programa complétase cunha charla da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, María Belén Méndez Naya, a posta en marcha dun mercadiño benéfico e unhas xornadas de ping pong e ioga.  

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos