A secretaria xeral de Podemos queixase en directo do trato dos medios públicos, ante a incredulidade do xornalista Kiko Novoa que pensa que as críticas son “inxustas”.
Polémica entrevista no “Galicia por Diante”
Non foi unha entrevista cómoda. A secretaria xeral de Podemos e deputada de En Marea, Carmen Santos Queiruga, recriminou o trato dos medios públicos con respecto a Podemos o que provocou un intercambio de impresións en directo entre o xornalista Kiko Novoa e a propia política. Kiko estaba en Santiago e Carmen en Vigo pero respirábase tensión ao outro lado do transistor.
Xa no primeiro treito da entrevista, a representante de Podemos Galicia queixouse que se falara máis de aspectos organizativos (“é unha cuestión menor” dixo)do seu partido que, por exemplo, da corrupción do Partido Popular.
Audio coa entrevista
”Déixenos aos xornalistas que decidamos cales son as preguntas”.
Despois chegou un reproche directo:“Tampouco se nos invita moito aos medios públicos” afirmou Santos.Kiko Novoa discrepou:Que Podemos non foi convidado a Radio Galega e a TVG?.
Xa no treito final da conversa, Kiko Novoa dirixiuse a Santos para facerlle unha recomendación:”Déixenos aos xornalistas que decidamos cales son as preguntas”.“Déixeme opinar a min tamén se me gustan as preguntas” respondeu a secretaria de Podemos Galicia.
Carmen Santos:”Tamén vós moitas veces sodes inxustos”
Dígame que medio de comunicaron é mais plural ca Radio Galega? Preguntou o xornalista. Unha cuestión que non lle pareceu de “bo gusto” a Santos Queiruga que insistiu na súa mensaxe crítica coa Radio Galega, manifestando que “os cidadáns non teñen esa percepción e creo que deberiades lelo e telo en conta, porque non é unha cuestión que a diga eu, moitos cidadáns teñen esa percepción”.
Totalmente desconforme, Novoa pedía a Santos que amosara “o estudio onde se dí iso”, mentres Carmen Santos insistía na percepción que hai “dunha emisora pagada con cartos públicos” e “iso vós tamén o sabedes”. Para a voceira de Podemos “é positivo ter unha canle pública que de verdade nos trate a todos por igual”.
“Lamento que sexa tan inxusta” indicou o xornalista que recibiu unha nova estocada verbal de Carmen Santos:”Tamén vós moitas veces sodes inxustos comigo en moitos debates e tertulias que escoito auténticas atrocidades”.
@AdianteGalicia