Patadas, insultos e empurróns no conclave de Pontevedra. Antón Sánchez lamenta os feitos e o colectivo Xeira aparta temporalmente da militancia os seus membros implicados.
Foi o acontecemento negativo da Asemblea de Anova. Cando remataba a súa intervención, Xosé Manuel Beiras foi increpado por un grupo de mozos. Isto provocou unha discusión entre membros do colectivo Xeira e exmilitantes da Fronte Popular Galega.
Houbo insultos, empurróns e ata patadas tal é como rexistraron os medios de comunicación. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, foi unha das persoas que tentou mediar nesta pelexa pero non se puido evitar o desagradable episodio aínda que finalmente a asemblea continuou.
Antón Sánchez lamenta os feitos
O novo voceiro nacional de Anova, Antón Sánchez, recoñeceu este “incidente desagradable que non debe de repetirse nunca nun debate político” se ben precisou que os feitos non son representativos do ambiente “e do ton xeral da asemblea nin poden empañar o comportamento exemplar da militancia hoxe e durante os 5 anos de vida desta organización.
O colectivo Xeira toma medidas cos seus militantes implicados
Desde este colectivo de mocidade comunista e independentista galega Xeira manifestaron o seu “profundo rexeitamento e desaprobación destas intolerables condutas” xa que “por moi agresivas que sexan as provocación ou ameazas” non se poden realizar estas “condutas tóxicas”.
Nun comunicado desde Xeira piden desculpas e anuncian que proceden a “separación inmediata da militancia” de xeito temporal das persoas implicadas“serán aplazados a acudir de forma periódica a talleres de formación implantados por compañeiras sobre
despatriarcalización das prácticas socio-políticas, aprendizaxe decoidados e compañeirismo”.