18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Antón Sánchez asume o liderado de Anova

Sánchez quere afondar da unidade popular. Xosé Manuel Beiras despídese da primeira fila sendo o candidato máis votado da asemblea.

Antón Sánchez García é o novo voceiro de Anova logo da III asemblea celebrada esta pasada fin de semana en Pontevedra baixo o lema de “Galiza no camiño da unidade popular”.

Baixa participación e críticas desde un sector

Liderou a única candidatura presentada, que foi apoiada polo 82,3% dos votos, aínda que curiosamente foi Xosé Manuel Beiras o máis votado, por diante de Martiño Noriega e o propio Sánchez. Había 700 persoas con dereito da voto das cales participaron preto de 200.

Logo desta cita asemblearia, Anova reduce o seu órgano de goberno que pasa de 75 a 50 integrantes. Desde o sector crítico encabezado polo deputado autonómico Davide Rodríguez e pola deputada estatal de En Marea, Alexandra Fernández rexeitaron a posibilidade de que haxa unha ruptura no partido pero lamentaron que a única candidatura presentada non fora máis integradora.

Unha unidade popular innegociable

Antón Sánchez avogou por continuar afondando na unidade popular e anunciou que “dende xa traballaremos para ser unha ferramenta útil para a loita pola emancipación”.

Sánchez recolleu o testemuño do histórico Xosé Manuel Beiras que no seu discurso na asemblea dixo que «Anova ten que ser un proxecto cun horizonte rupturista, polo menos co ultraliberalismo».Beiras indicou que era o momento de “pasar a outra forma de combate”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos