13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Diego Calvo receita ao PP esquecer e traballar

O presidente provincial convida desde Camariñas a que se curen as feridas que poidan existir nalgunhas  agrupacións locais e a traballar en equipo de cara as eleccións municipais.

Reunión Cambre-Culleredo-Carral

Rolda de xuntanzas en vinte microcomarcas

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, iniciou un novo percorrido pola provincia, dividida en vinte microcomarcas, para entrar máis de cheo nos problemas concretos dos concellos.

A segunda parada no seu periplo foi en Camariñas, onde Calvo e mailo vicesecretario Evaristo Ben, reuníronse con militantes dos concellos de Camariñas, Zas, Vimianzo e Dumbría.“Aquí cabemos todos. É o momento de esquecer vellos problemas ou malentendidos e traballar unidos. Cando estamos unidos e fortes, os nosos votantes responden”. A mensaxe lanzada por Diego Calvo desde Camariñas non é menor.

O presidente provincial sabe que por toda a xeografía coruñesa hai exemplos claro de divisións internas do Partido Popular que derivaron nas listas oficiais do partido e en formacións independentes, o grupos de persoas que pasaron a formar parte ou simplemente apoiar outras opcións. E hai numerosos exemplos en todo o territorio. Mesmo en Camariñas na pasada lexislatura coa polémica renuncia de Daniel Rego.

En Camariñas

Calvo pide “sumar e non restar”

Aínda que cada elección é diferente hai casos onde a diferencia de votos do PP é desorbitada. Isto significa que algo falla. É unha das razóns son as liortas internas.Por iso Calvo insiste en querer mobilizar ao partido e en tender a man para “traballar en equipo” e “sumar e non restar” como claves para poder ganar as eleccións municipais.

“Entendemos a mensaxe que nos deron os nosos votantes no ano 2015, que nos pediron un partido máis pegado á rúa e máis pendente dos seus problemas”.

Na xuntanza de Camariñas estiveron presentes os voceiros municipais de Vimianzo, Raquel Rodríguez, Camariñas, Mauro Aufiero, Zas, David Gómez, e Dumbría, Manuel Barcia.A rolda de xuntanzas iniciouse cun encontro cos afiliados e simpatizantes do partido en Culleredo, Carral e Cambre.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos