5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Máis de sete mil filloas elaboradas na Baña

A XIV Feira exposición e festa da Filloa da Pedra da Baña volveu a ser un éxito de afluencia, con milleiros de persoas que se achegaron ao pavillón deportivo municipal para dar conta das sete mil filloas preparadas por voluntarias e membros da Asociación Filloas da Pedra da Baña.

Como actividade paralela celebrouse unha Feira exposición de artesanía con preto de trinta postos habilitados e que vendían desde doces ou obxectos artesans ata maquinaria agrícola ou pedras de filloa de granito.Tamén tivo lugar unha ruta BTT con máis de douscentos inscritos e que contou coa colaboración do Club Ciclista Negreira.

A festa tivo como madriñas ás conselleiras de Medio Rural e do Mar, Ánxeles Vázquez e Rosa Quintana, que acompañaron ao alcalde Andrés García Cardeso. Tamén asistiu o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose,  e membros da corporación local.

O pregoeiro foi  o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Jesús Martínez López, que  louvou o traballo de difusión e proxección que dende 2004 está a facer o Concello da Baña en prol da filloa da pedra e a propia Asociación Filloa da Pedra da Baña dende a súa constitución en 2007, un produto caracterizado pola “súa grande versatilidade, polivalencia e diversidade”. Termos que aproveitou para destacar o traballo e o esforzo en prol da integración social das persoas con Síndrome de Down.

Neste senso indicou que “dende que hai medio século xurdiron as primeiras asociacións de pais, asistimos á evolución que experimentaron as persoas que se caracterizan por ter un cromosoma de máis. Aqueles que antaño foron considerados “un castigo divino” demostraron que co seu esforzo, e o apoio das entidades que os representan, poden superar todos os retos que se propoñen. E hoxe podemos ver a persoas con Síndrome de Down en colexios, institutos e incluso na Universidade”.

O público asistente á festa gastronómica tivo a ocasión de probar as excelencias da filloa da pedra, acompañada de diversos xeitos, con chourizo ao viño, orella ou mesmo lacón con grelos en canto a sabores salgados. En doces, as filloas da pedra puideron tomarse con nata, trufa de chocolate, soas ou con queixo e marmelo. Todo elo a precios populares: 1,50 € / unidade as simples e 2€/ unidade as recheas.Durante a xornada, e unha vez rematada a I Ruta da BTT Filloa da Pedra, a organización da marcha cicloturística fixo entrega duns obsequios ao participante de máis lonxe masculino e feminino, Tito José Villarmea Méndez, de Viveiro e membro da Peña Ciclista Gráficas Lar e Patricia Álvarez Rey, da BTT Avernas; ao participante masculino e feminino de máis idade: José Ramón Valcarce López (A Coruña) e Matilde García Fraga (Teo);  e ao clube con máis participantes que foi Os do Monte Bravo.

No apartado musical, os protagonistas da xornada foron o grupo de gaitas Os Campantes que animaron as instalacións do polideportivo pola mañán, e a charanga Os Celtas, pola tarde. Mentres que o último toque musical co que a XIV Festa da Filloa da Pedra baixaba o telón correu a cargo da orquetras Suavecito.A xornada festiva tamén contou pola tarde con diferentes campionatos de chave e tiro con arco (para os adultos) e de tiro con arco, dardos e zancos para os máis cativos.

Concello da Baña- Redacción Adiante Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos