19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Incorpórate analizou estratexias para o medio rural

Unhas 140 persoas participaron en Santiago de Compostela en “Incorpórate”, unha xornada de fomento da integración dos mozos na actividade económica do medio rural organizada pola asociación galega de cooperativas(AGACA)  e a Obra Social La Caixa.

O obxectivo era poñer sobre a mesa experiencias e estratexias de comercio, mercado e márketing e analizar as posibilidades do medio rural para o desenvolvemento de iniciativas empresarias e laborais. De feito o auditorio estaba formado por produtores, estudantes e titulares de explotacións que pensan no relevo xeracional.

Ánxeles Vázquez:”Sodes imprescindibles para Galicia”

Na súa intervención, a conselleira do Medio Rural lanzou unha mensaxe en clave positiva:”Dominamos territorio. Se contabilizamos todo, somos en Galicia o 97,3% do territorio, co cal ninguén se vai atrever a levarnos a contra. Tede sempre o pes no chan pero crede que sodes imprescindibles para Galicia”. 

Ánxeles Vázquez apelou a necesidade de seguir mellorando as infraestruturas no rural. Por parte da Xunta, tamén participou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industria Agroalimentarias, Belén do Campo, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

“A sociedade non funciona con soldos de 600 euros”

A xornada contou con catro relatorios.O director de compras de Vegalsa/Eroski, Jorge Eiroa destacou que para ter éxito “é importante coñecer os demais mercados, así como a innovación e mellorar a experiencia de compra do consumidor”. 

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Méndez, aportou unha reflexión sobre os salarios:”A sociedade non funciona con soldos de 600 euros. Unha persoa moza que cobra menos de 600 euros non consome. As empresas que pagan iso longo prazo non fan un favor ao mercado, nin sequera a elas mesmas”. 

O vicepresidente da adega cooperativa Martín Códax e presidente do Clúster Alimentario de Galicia, Juan Vázquez, falou das tendencias do comercio alimentario  e manifestou que na actualidade “saímos do armario e presumimos de cooperativistas porque podemos contar ao consumidor cómo obtemos as uvas, os produtos e as innovacións da adega”. 

Pola súa banda a responsable de negocio agrario de CaixaBank en Galicia, Laura Lema  disertou sobre a comercialización on line. O foro contou ademais coas intervencións do director territorial de Caixabank Marc Benhamou e do presidente de AGACA, José Montes.

Interesante coloquio de emprendedores

Pero un dos grandes atractivos de “Incorpórate” foron as experiencias aportadas no coloquio de emprendedores no que participaron Xosé García, socio da Cooperativa de Lemos, Román Torres, socio da cooperativa Agrís, Rafael Caamaño, de gandería Xirome, Alberto Amil, da cooperativa Horsal, Javier Cabrera, de Resega Montes, e Juan Allegue, de Martín Códax.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos