16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

“Noia non pode ser coñecida por ter un alcalde machista»

A oposición de Noia pide a dimisión de Santiago Freire.Adiante Galicia conversou co voceiro da Marea Cidadá de Noia, Manolo Seijas.

As desculpas do alcalde de Noia pola súas desafortunadas declaracións non convencen a oposición que este venres pedirá a dimisión do alcalde, nunha rolda de prensa que se celebrará a partir das 12 do mediodía.

En declaracións a Adiante Galicia, o voceiro da Marea Cidadá de Noia confirmou que os tres grupos piden a dimisión de Santiago Freira porque “entendemos que faltou ao respecto a cidadanía  en xeral e ás mulleres en particular”.

 

“Cando ofendes a alguén tes que dar un paso atrás e irte”

Manolo Seijas pensa que “Noia non pode ser coñecida por ter un alcalde machista”. Con respecto ás escusas ofrecidas por Freire Abeijón o voceiro da Marea manifesta que “cando ofendes a alguén tes que dar un paso atrás e irte”.

Ademais matiza que as súas declaracións fixéronse “como alcalde dun pobo” e non oculta a súa estrañeza de que se difundira un comunicado coordinado desde a dirección provincial do PP. Sobre o contido das declaracións, Seijas asegura que “non me sorprende nada do Partido Popular”.

Desde as Xuventudes Socialistas tamén piden a renuncia de Santiago Freire. A portavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, dirixiuse ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para preguntarlle “se o seu feminismo sen etiquetas do que presume é compatible cos chistes pexorativos sobre as mulleres proferidos polo rexedor noiés nada menos que durante un acto oficial de celebración do 8 de Marzo”.O deputado de En Marea na cámara estatal, Antón Gómez Reino, tamén criticou estas afirmacións.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, expresou o seu “rotundo rexeitamento” polas declaracións “desafortunadas” de Freire Abeijón, ainda que valorou que o rexedor “foi consecuente co seu erro e pediu desculpas”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos