Charlas, exposicións, proxeccións e distintas actividades no centro comercial Área Central de Santiago de Compostela.
O centro comercial Área Central acolle ata o vindeiro domingo a III Feira de Minerais, cuns trinta expositores de España, Portugal, Brasil, Polonia e Xeorxia que expoñen minerais, fósiles, bixutería e xoiería. Artigos que se poden ver e tamén mercar.
Hai expositores do Museo de San Finx(Lousame), do Museo de Historia Natural de Santiago, do concello de Santa Comba(sobre a minería do volframio), coleccións privadas sobre minerais, material bélico da segunda guerra mundial, etc..Estanse desenvolvendo distintas actividades paralelas como obradoiros, proxeccións e charlas.
A escritora xalleira Carmen Blanco Ramos falou o pasado xoves sobre “O volframio en Varilongo”, que é o título do seu libro editado en Xerais. No acto contou coa presenza da alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez, e de Eliseo Mourelle unha das “memorias vivas” da mina de Varilongo. Blanco volverá a falar este sábado as 13:00h. Tamén se achegaron ata a feira alumnos do IES Terra de Xallas.
Está clara a relevancia que tanto nesta feira como na propia historia de Galicia tivo o volframio ou wolfram, que inspirou libros, películas a agora ten un especial protagonismo neste evento.O chamado «ouro negro» , material valioso na Segunda Guerra mundial. Ver reportaxe de Rafael Lema «De las minas de Varilongo al puerto de Vigo» nesta ligazón.
Nesta feira tamén interveu o escritor Héctor Carré, autor da novela “Febre” e a Directora da Escola Técnica Superior de enxeñería de minas de Vigo, Natalia Caparrini. Ademais estase presentando en distintas xornadas o proxecto do xeoparque Cabo Ortegal a cargo de Francisco Canosa. Este sábado esta prevista a proxección do documental de Diego Casal “Siguiendo los pasos del oro negro”. A III Feira de Mineirais abre as súas portas de 10 da mañá a 9 da noite.
Fotos- Concello de Santa Comba
.