10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Núñez Feijóo admite contactos verbais con Ferroglobe

Feijóo:“Imos pulsar a situación do partido na Coruña e en Lugo para vislumbrar que posible candidatos ou candidatas pode haber para maio de 2019”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou que Ferroatlántica(Ferroglobe) deberá cumprir a lei e “para executar a venta necesitan a autorización da Xunta de Galicia” e “de momento esa empresa non notificou a comunicación da venta e non hai ningún expediente aberto”.

Nunha entrevista na Radio Galega recoñeceu que “a empresa comunicou oralmente distintas posibilidades” e mantivo contactos verbais co goberno galego “pero unha cousa é falar e outra notificar”.

Alberto Núñez Feijóo asegurou que está a favor de manter ou incrementar os postos de traballo na Costa da Morte e en Sabón:”Se a empresa plantexa algo que cumpra a lei, que se acredite un interese público e que manteña os postos de traballo, pois pode ter viabilidade o seu proxecto pero, se non se acreditan eses tres puntos, evidentemente nos non podemos actuar”.

Congresos locais:”Haberá novos liderazgos e outros que repitan”

Feijóo tamén se referiu aos congresos locais do PP en Lugo e A Coruña que permitirán ir perfilando aos aspirantes as alcaldías:»Non é automática a designación do Presidente local do partido para ser candidato á alcaldía pero, si é certo, que imos pulsar a situación do partido na Coruña e en Lugo para vislumbrar que posible candidato pode haber para maio de 2019″.Con respecto aos congresos que se van a celebrar en Galicia sinalou que “haberá novos liderazgos e outros que repitan”.

Nesta entrevista ao xornalista Xavier Ares na radio autonómica, o presidente da Xunta fixo un balance moi negativo dos gobernos en varias cidades galegas:

Levamos dous anos dende as eleccións de 2015 e hai vilas que aínda non teñen presuposto e se vostede intenta buscar. Que se fixo novo en Santiago?, que novidade hai na Coruña?, como vai a vida municipal en Ferrol?, que cuestións se fixeron en todos eses concellos? Pois eu non son capaz de atopar ningunha nova. Paralizadas, desmotivadas, e o que imos ofrecer aos galegos desas vilas é unha posibilidade primeiro, de ter un goberno estable; segundo, de ter un goberno que goberne; e terceiro, que esas vilas volvan outra vez a unha actuación normal”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos