Fernández Albor:“Saquei dous escanos máis que a segunda forza e deixáronme gobernar, e con maioría absoluta tiven que marchar”. Entrevista na Radio Galega.
“O voto conservador aumentará porque a xente vive máis”
A piques de cruza-la fronteira do século de vida Xerardo Fernández Albor foi entrevistado polo xornalista Kiko Novoa para a Radio Galega. Conservando unha excelente lucidez e un fino sentido do humor, o primeiro presidente da Xunta autonómica síntese “politicamente feliz” e explica a súa teoría:
“Co tempo a xente morre mais tarde, e a xente con mais anos vota a dereita.O voto conservador aumentará por que a xente vive máis e a vellez non lle gusta os cambios e ten medo aos revolucionarios”.
“Quería unha televisión que fose unha aprendizaxe do galego”
Segue a actualidade nas páxinas do ABC, El Correo Gallego e El Mundo. Confesa que tivo que arriscar moito para poñer en marcha a Televisión de Galicia porque “non había diñeiro” pero tiña claro o obxectivo:
“Quería unha television que fose unha aprendizaxe do galego, era convinte ter unha televisión como a BBC en Londres con xente que ensinara galego aos galegos”.
Séntese orgullo de botar a andar a TVG, do Parlamento de Galicia e do edificio Xunta “para poder reunir a tódalas consellerías”. E tamén da súa experiencia política que tivo unha circunstancia curiosa:”Saquei dous escanos máis que a segunda forza e me deixaron gobernar e con maioría absoluta tiven que marchar”. Referencia á moción de censura.
Un galeguista de dereitas
“Eu andaba cos galeguistas de Galaxia”.Nesta conversa para a Radio Galega, lembrou a súa vinculación co galeguismo e que foi Ramón Piñeiro o que lle fixo aceptar a entrada na política para “que leves o galeguismo de dereitas ao Parlamento”.
Reafírmase como “un galeguista moi español e europeo” e incluso afirma que quere ser enterrado coas tres bandeiras:”A galega na cabeza, a española no medio e a europea nos pes”.
Feijóo, unha sorte que ten Galicia
Sobre Manuel Fraga, asegura que “fixo moito por Galicia” e que lle debe unha cousa, que o mandara para Europa. Está convencido de que Feijóo “é unha sorte que temos” e estaría disposto a loitar “para que Feijóo fose o presidente do goberno de España”. Opina que Mariano Rajoy fixoo “estupendamente” pero que foi maltratado.
Para Xerardo Fernández Albor un acordo entre PP e PSOE “sería fundamental pero eles non pensan o mesmo” a aínda que “pensan que nós somos de Franco” estima que “eles foron sempre menos demócratas que nós e ainda ten que pasar tempo para que colaboren connosco de verdade”.
Javier Fernández sensato, Pedro Sánchez un perigo
Non oculta a súa simpatía polo asturiano Javier Fernández que “é moi sensato” pero “non me gusta nada Pedro Sánchez que é un perigo”.
Segue pensando que “a capital de Galicia tiña que estar en Santiago” e como católico defende a potencia de Compostela como berce de Europa.