13.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 13, 2024

Pontón empraza a Feijóo a pararlle os pes a Villar Mir

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego emprazou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo “a pararlle os pes a Villar Mir e dicirlle con claridade que non se van a vender as minicentrais”.

Ana Pontón esixe “unha posición firme” do goberno galego e pensa que é un mal sinal o “mutismo” de Feijóo “cando están en xogo centos de postos de traballo na Costa da Morte”.

E aínda máis cando as intencións de venda de Ferroglobe son públicas e que “aquí non pase nada”. Os nacionalistas non descartan pedir a intervención da Fiscalía se a Xunta non actúa xa que considera que co seu silencio o goberno galego podería estar incorrendo nun delito:”Ao mellor imos ter que pedirlle á Fiscalía que investigue e dicirlle ao PP que se mira para outro lado e non toma cartas no asunto podería incorrer en prevaricación”.

Pontón visitou a localidade do Ézaro, onde mantivo un encontro con traballadores de Ferroatlántica. Tamén estivo presente o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro.

«Villar Mir xa se sacou a careta»

Criticou o veto parlamentario do PP a unha proposta do BNG de aprobar un pronunciamento unánime da Cámara autonómica en contra da segregación e a venda das centrais. Asegurou que o Bloque ía “remover Roma con Santiago” para evitar a venda, xa que é unha  “auténtica espada de Damocles sobre o futuro da Comarca da Costa da Morte, porque todos e todas sabemos que se venden as minicentrais quedan en risco centos de traballo, por iso pedimos firmeza ante ao que sería unha ilegalidade”.

Para Ana Pontón  “Villar Mir xa se sacou a careta, porque ademais de anunciar a venda di con claridade que é para facer caixa para o seu grupo, e non estamos dispostos a que se especule cun ben público e que un empresario madrileño faga negocio a costa dun recurso deste país, parécenos intolerable e impresentable”.

O BNG levará este asunto ao vindeiro pleno do Parlamento de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos