15 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Leiceaga rexeita os vetos da Marea Atlántica

“A Marea Atlántica está demasiado centrada en vetar” dixo o portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, ante a situación xerada na cidade da Coruña.

Respaldou a actuación “sensata e razoable” do grupo municipal socialista que “fixo os deberes en función dos intereses cidadáns para desbloquear as contas”, con varias propostas que “deberían ser valoradas polo goberno municipal”.

“Chama a atención que os novos actores sexan os que teñan dificultades para entender as reglas do xogo e que impulsen unha política de vetos de vez dunha política de acordos” declarou Fernández Leiceaga.

“O PsdeG fixo os deberes”

O líder socialista recriminou ao goberno de Xulio Ferreiro que antepoña “as limitacións partidarias” e lamentou que a Marea Atlántica estea “demasiado centrada en vetar”, poñendo como exemplos ao voceiro de En Marea, Luís Villares, ou esta situación, referida supostamente a Mar Barcón, aínda que non a citou.

Para Leiceaga estamos ante “unha oportunidade perdida” e pediu “un esforzo para entenderse” xa que entende que un acordo sería posible entre as dúas forzas.

Terreos da Solana

Na mesma comparecencia, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o deputado coruñés Juan Manuel Díaz Villoslada reclamaron esta mañá na Coruña unha “solución definitiva” para que os terreos da Solana sexan públicos e solicitaron que se abra a posibilidade legal da cesión gratuíta, “como xa se fixo noutras infraestruturas portuarias de España”, explicaron, xa que é un espazo “integrado perfectamente na cidade”. 

Fernández Leiceaga mostrouse estupefacto polo feito mesmo de que a privatización destes terreos se poña enriba da mesa. “É un asunto que nunca debía ter chegado a este extremo. Como cidadán resúltame chocante que se poida falar dunha privatización dese espazo”, dixo, e máis aínda “que a alguén se lle poida ocorrer isto e que desde un ámbito de responsabilidade pública no que está presente a Xunta se vexa como algo normal ou algo que se pode facer”.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos