10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Compromiso afronta un congreso vital para o seu futuro

Manolo Vello:“Este será o conclave máis importante de Compromiso por Galicia desde a súa constitución”. 

Baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións”, Compromiso por Galicia celebra o vindeiro sábado 21 de xaneiro no Hotel Congreso de Teo, o seu II Congreso Nacional.

Relanzamento de Compromiso por Galicia

Na presentación do Congreso, o secretario nacional de organización, Manoel Vello, manifestou que “este será o conclave máis importante de Compromiso desde a súa constitución”, destacando o feito de que vai supor o “relanzamento do partido” despois de catro anos de vida e da “reconfiguración do seu corpus militante”. Un tempo no que houbo altas e baixas de afiliados por distintos motivos.

Pero a formación galeguista segue acreditando no seu proxecto.Vello Salvado pensa que é necesario renovar “a idea de que levamos moitos anos sen un galeguismo organizado” e que hoxe en día Compromiso por Galicia, con dúas alcaldías significativas como son Lalín e Muros, e cuns trinta concelleiros, representa «o galeguismo máis organizado e o de maior implantación do país».

 

41 candidatos e unha delegación do PNV

Manoel Vello salientou que entre os 41 candidatos e candidatas ao Consello Político Nacional hai moitas caras novas que certifican esta nova singradura política.Os congresistas votarán tamén unha nova cara para a secretaría xeral do partido, á que só presentou candidatura o lucense Juan Carlos Piñeiro.

O polo de agora secretario xeral do partido, Xoán Bascuas, xa anunciou fai uns meses a súa intención de non repetir no posto, aínda que continuará participando neste proxecto político.

Desde Compromiso tamén destacan as emendas que se debaterán nesta cita e que “marcarán o futuro do partido” e que foron presentadas pola militancia ós documentos de Política, Estratexia e Estatutos.Neste segundo Congreso Nacional estará presente unha delegación do Euzkadi Buru Batzar(EBB), a executiva do Partido Nacionalista Vasco.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos