5.3 C
Santa Comba
sábado, diciembre 2, 2023

Radiografía ás estradas da rede provincial

O deputado José Manuel Pequeño anuncia que os datos das estradas integraranse nunha APP, que permitirá programar actuacións de mantemento e mellora.

A Deputación da Coruña levará a cabo durante 2017 unha campaña para medir a intensidade de tráfico que rexistran os 2.103 quilómetros da rede provincial de estradas nos 93 concellos coruñeses.

O goberno provincial vén de sacar a licitación este servizo, para o que serán necesarias un mínimo de 18 estacións móbiles que realizarán durante este ano un total de 800 aforos dunha semana de duración, e que suporá investimento de 179.685 euros.

Ademais do reconto do número de vehículos que transitan a diario por cada un dos tramos analizados, o aforamento das estradas permitirá coñecer a distribución horaria do tráfico, o sentido da circulación, os tipos de vehículos que circulan por cada estrada e as súas velocidades medias.

Segundo explicou o deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño Castro, todos estes datos volcaranse despois nunha aplicación informática que «permitirá facer unha completa radiografía do tipo e volume de tráfico que soporta cada unha das estradas provinciais» e que servirán «para programar mellor as accións de conservación e mantemento, os novos investimentos, detectar os puntos negros da rede vairia e incluso definir o grosor do pavemento, en función do tráfico pesado que circule pola estrada».

 

Un «Street View» para as estradas provinciais

Esta campaña de medición e análise do tráfico enmárcase dentro dunha serie de medidas que implementará durante 2017 o departamento de Vías e Obras da Deputación para mellorar e actualizar os sistemas de control e xestión das estradas, entre as que se inclúe a contratación dunha nova aplicación informática que permitirá a visualización en 3D de calquera tramo das 413 viais provinciais.

O programa, actualmente en fase de licitación por importe de 292.820 euros, funcionará de xeito análogo ao Street View de Google, permitindo aos enxeñeiros comprobar o estado e situación de cada unha das estradas, a súa sinalización, as medicións exactas da plataforma e beiravías, as coordenadas GPS dun punto determinado e outros parámetros técnicos de interese, grazas a unha exhaustiva base de datos con imaxes en tres dimensións obtida a partir de medicións con sistema LIDAR (detección e medición por láser), que permite a creación dun levantamento topográfico con exactitude milimétrica da vía e das súas marxes.

Esta nova aplicación permitirá ademáis incorporar todos os datos do catálogo provincial, como a sinistralidade, o estado de conservación ou os datos de transito de vehículos que se obteñan na campaña de aforamento.

5 millóns para desbroces e reparacións urxentes

Para mellorar o estado das estradas, a Deputación da Coruña destinará ademáis un orzamento de 4 millóns de euros para o desbroce das marxes das estradas provinciais, o que permitirá mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios durante o verán e facilitar o drenaxe en caso de choiva.

O departamento de Vías e Obras reforza tamén o servizo de reparación urxente de estradas, que conta en 2017 cun orzamento de 1 millón de euros, un 47% máis que o ano anterior, e que permitirán despexar en cuestión de horas as estradas afectadas por accidentes, neve ou temporais, así como o arranxo inmediato de fochancas e outras perturbacións da seguridade viaria.

Fonte- Nota de prensa Deputación provincial da Coruña

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos