Vouvos contar un conto baseado en feitos reais, na miña insignificante historia de galego emigrado polas políticas de pan para hoxe e fame para mañá mais hoxé non tocará falar de iso, outro día dareivos a lata con ese tema.
Despois de tanta enchenta nestes días e procurando privacidade, decidín aloxarme nun hotel na Coruña situado na zona de Alfonso Molina, diredes moitos vós, que me importa, o que relata este e menos onde dorme, pero se seguides a ler entenderedes o motivo polo cal me permito escreber.
Chego ao hotel o home do mostrador e a reserva non atopa, mirou para min coma un becho raro, debeu de ser por falarlle en xalleiro, pensaría o bo do recepcionista <
De seguro que algún de vos, pensará que o pobre do recepcionista galego non era, pois non, enganádevos ben, tiña un acento de la Coru que nindiola, ao final atopou a reserva ao nome de Manuel Abelenda, eu xa estaba a piques de deturpar o meu apelido e dicirlle en CASTELLANO AVELLANEDA, como esa equipa de fútbol que de seguro coñecedes.
Tomou nota dos meus dados e cando leu no meu DNI que residía no estranxeiro, a súa faciana mudou, de seguro que pensou, estes suízos falando galego, que atraso.
Sorprendeume que na miña terra non me atendesen en galego e iso de adaptarse ao cliente, neste establecemento non debe facer parte da política de empresa, non vaia ser, de seguro que non imaxinou que son orixinario da mesma aldea que o ex-alcalde de LA CORU, Carlos Negreira, que mostraba palmito nas manifestacións de Galicia Bilingüe, un lugar chamado Grixoa de Esternande, onde os baches na estrada que comunica Santa Comba coa autovía da Costa da Morte, xa parecen elementos históricos, de seguro que se Cuiña fose de aquí polo menos teriamos como mínimo unha autovía e por certo nen un cartel indica a proximidade da autovía, orfa estás miña terra, de xente que te defenda, de pouco che sirve ter nas túas entrañas mineral e formigón arreo e un parque eólico.
Fun a entregar a chave pola mañá, matinando se debería falarlle o recepcionista de turno, noutra lingua, para observar a reacción pero xa el mesmo me falou en galego e aproveitei para felicitalo e un cliente gañou para repetir no seu establecemento.
Voume do hotel e pillo o AIR EUROPA, para ir a capital das Españas, felicítannos en galego, as azafatas unha de Ourense outra de Noia e a outra de Ribeira moi amables foron elas e na lingua de Rosalía sempre me corresponderon, ao final cheguei a conclusión que o galego na terra ten estatus de língua allea e no aire de lingua oficial, por certo o galego é unha lingua de altos voos.


