9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Compromiso propón medidas para combater a crise demográfica

Compromiso por Galicia propón unha “Lei de Retorno” e pensa que “debemos facilitar o regreso dos que marcharon”.

Esta semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez, convidaba ao PSdeG e as demais forzas políticas a un pacto para promover unha lei de impulso demográfico.Era a resposta ás críticas de Xoaquín Fernández Leiceaga.

 

Propostas de Compromiso por Galicia

Aínda que non están representados no Parlamento, desde Compromiso por Galicia lanzan unha serie de propostas para combater a crise demográfica. Entre elas unha Lei de Retorno que englobe distintas medidas como a bonificación fiscal ao empadroamento de retornados en concellos de menos de 2.000 habitantes, ou a exención fiscal para empresas creadas por emigrantes retornados menores de 35 anos.

Tamén un plan de “retorno investigador” con axudas de ata 18.000 euros por cada novo proxecto para os investigadores que volvan a Galicia. Estas medidas serían melloradas no caso das mulleres. Dentro deste paquete de medidas, os galeguistas tamén inclúen a vivenda social e o reintegro dos gastos de retorno, ás familias nas que, cando menos un dos cónxuxes tema veciñanza administrativa galega e teña máis dun fillo.

Un cambio de rumbo ante o fracaso das políticas conservadoras

“Entendemos que a crise demográfica é tan grave que non se pode tratar como se estivéramos ante un feito novo. Debemos facilitar o regreso dos que marcharon. E tamén abrir a porta aos inmigrantes” sinalan nun comunicado de prensa.

Indican que “son propostas que poñemos a disposición dun goberno estancado que representa a un gran pobo que necesita decisións. E como forza galeguista e progresista poñémonos a disposición da nosa xente para axudar a rectificar o rumbo errático das políticas conservadoras”.

Porque para Compromiso por Galicia, afirman que responden con propostas a mensaxe de Feijóo que confirman a necesidade dun cambio de rumbo ante “o fracaso das súas políticas natalistas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos