19.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

UCGAL presenta unha denuncia contra a operadora R Cable

A Unión de consumidores solicita unha contundente sanción para R Cable e que se investigue se houbo competencia desleal. Vodafone rexeita as acusacións.

Continúa a polémica sobre os problemas que sufriron moitos usuarios de R en Galicia.A Unión de Consumidores de Galicia vén de presentar unha denuncia no Instituto Galego de Consumo contra o operador de telecomunicacións R Cable pola masiva incidencia que deixou sen servizo de telefonía móbil (voz e/ou datos) a centos de miles de usuarios e usuarias durante o 23 e 24 de decembro.

Desde UCGAL lembran que as telecomunicacións son un “servizo de interese xeral” e teñen que cumprir uns requisitos de calidade. Polo tanto solicitan unha “contundente sanción” para a operadora de Euskaltel. Demandan que se acredite se R Cable finalmente indemniza os usuarios tal é como foi o seu compromiso público.

A UCGAL apunta a outras posibles causas dos graves erros no servizo de R Cable

Lamentan que a resposta de R fose culpar a Vodafone. Neste senso, a asociación de consumidores pediu ás autoridades da competencia galegas para que investiguen os feitos denunciados. A UCGAL pensa que no acontecido a pasada fin de semana puido ter que ver o “dimensionamento das infraestruturas” do antigo operador galego  que “non puido facer fronte a un hipotético aumento do tráfico”.

Entenden desde a UZAL que ao mellor tamén houbo unha relación cos “cambios nos sistemas de R Cable derivados da integración en distintos procesos de Euskaltel como por exemplo o cambio do ciclo de facturación”.

As xustificacións de R Cable aos seus clientes, non sentaron ben en Vodafone. A compañía negou as acusacións e pensa que respostan a unha actitude “inxustificada e irresponsable”. Veñen de pedir unha rectificación e aclaran que o seu envío de SMS é algo normal e non é “significativo” para o volume de clientes de R.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos