2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Compromiso por Galicia celebra o seu cuarto aniversario

Compromiso por Galicia. O partido galeguista celebrou o seu congreso fundacional o 16 de decembro de 2012. Reivindícase como unha forza aberta e integradora para defender os intereses de Galicia.

Catro anos de Compromiso por Galicia

Hoxe fai catro anos que Compromiso por Galicia organizaba en Santiago de Compostela o seu congreso constituínte baixo o lema “Proxecto de país” coa asistencia de medio milleiro de persoas que elixían como secretario xeral a Xoán Bascuas.

Pasaron catro anos e Compromiso por Galicia está presente en distintos concellos de Galicia e ostenta as alcaldías de Lalín, Muros ou Vilar de Santos. E despois dunhas eleccións autonómicas preparan unha nova etapa, na que o profesor universitario Xoán Bascuas será substituído na dirección por outra persoa, seguindo a súa propia vontade. Será no II Congreso Nacional que terá lugar o sábado 21 de xaneiro.

Orlando Villamayor:”Agora é o momento de coller un novo impulso”

Nesta xornada de aniversario, o secretario nacional de comunicación de Compromiso, o estradense Orlando Villamayor, reivindicaba o papel que debería ter o partido “como forza que englobe a unha maioría dos galegos que queren ter un referente aberto e integrador que defenda os seus dereitos sen intermediarios”.

Villamayor Torres agradeceu o traballo de moitas persoas que “aportaron o seu grao de area para poñer os cimentos deste proxecto” nuns anos “de moito traballo e nun contexto político difícil”.

O secretario de comunicación galeguista defendeu a necesidade de profundizar no autogoberno de Galicia “diante dun novo tempo de reformulación do estado onde o noso país non pode perder o tren e ten moito que dicir”.

En Compromiso están convencidos de que queda moito por avanzar pero tamén saben que teñen nas vindeiras eleccións municipais unha proba e unha oportunidade:”Estamos nun punto de reinicio. Agora é o momento de coller un novo impulso e tinguir de verde os nosos concellos” declarou Orlando Villamayor.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos